lunes, 7 de mayo de 2012

CONTOS PARA A DIVERSIDADE

Tiña ganas (dende que aló polo mes de febreiro fun ao congreso Ilustrando a Diversidade) de facer esta entrada para presentar algunhas das cousas que alí aprendín. O que publico no blog non suelo nin perdelo nin olvidalo, así que hoxe unha publicación no Facebook dos mestres de Galicia recordoume que tiña pendiente este tema porque ao final pasará o tempo e iráseme da  memoria!
A primeira das cousas que aprendín foi que os mestres non estamos moi ben vistos entre os artistas, e tampouco entendo o porque, se se fala de evitar os estereotipos porque aos mestres nos meten a todos no mesmo saco? Haberá de todo, digo eu!
Aprendín tamén que hai polo mundo moita xente con moitísimo talento facendo debuxos so para os libros de texto, debuxos que moitas veces ninguén mira e que teñen detrás horas e horas de traballo. Cando collemos as imaxes da rede, o mínimo que podemos facer é polo menos dicir de quen son (e son a primeira que ás veces, simplemente por comodidade, non o fago)
Como materiais, desta volta, gustriame mostrarvos algúns dos libros que alí vin que traballan a diversidade de forma directa ou indirecta.
Falar primeiro dos libros xa por todos coñecidos de FREDERICK e NADARÍN, de Leo Lioni da Editorial Kalandraka, que nos achegan ao mundo da diversidade, o primeiro por ser un rato diferente, e ,o segundo, como a unión fai a forza para "asustar aos que son máis grandes que nós".


Nos obradoiros apunteime ao de Carme Solé Vendrell, escritora e ilustradora catalana de contos como "Los niños del mar" (Jaume Escala), máis para pais que para nenos, "La cruzada de los niños" (Bertol Bretch) poema sobre os nenos e nenas da guerra que podedes ver AQUÍ. Ou títulos como "La luna de Joan" (Jaume Escala) ou "Pedro y su Roble" (Claudé Levert) que fala da amizade e do paso do tempo e do que podedes ler un aperitivo pinchando AQUÍ. Tamén coñecimos á autora de "Un puñado de Besos" Antonia Ródenas, unha persoa dulce e encantadora.


Neste obradoiro tivemos que facer un conto ilustrado, un día que esté inspirada esínovos o meu, co mal que debuxo.. que vergonza pasei! Titulase "As cores que non querían ser comidas", fíxeno pensando nun amiguiño que teño ao que non hai lapis que se lle resista...

Unha novela gráfica que me gustou un montón, sobre todo porque trata un tema delicado en positivo foi "Una posibilidade entre mil" de Cristina Durán e Miguen Ángel Giner Bou, é unha historia autobiográfica sobre como viviron eles o nacemento da súa filla con Parálise Cerebral. Ten a súa continuación na "Máquina de Efrén" onde narran a adopción do seu fillo sempre dende unha perspectiva normalizadora. Aquí vos deixo o enlace á súa páxina web. Picade na imaxe.

Neste mesmo sentido, e ainda que esta non a coñecín polo congreso presentar o cómic DOWN TOWN de Noel Lang e Rodrigo García no que o seu protagonista é unha persoa con Síndrome de Down. Se queredes saber máis sobre Blo, que así se chama o protagonista, picade AQUÍ, ten ata grupo en Facebook! 



Por último falarvos da EDITORIAL A FORTIORI, onde atoparedes contos para a diversidade de culturas, de familias... en fin, de persoas, algúns destes contos podedes botarlles unha ollada na súa páxina web. Non volos perdades! Aquí deixo un exemplo, o primeiro dunha inmigración especial... e o segundo dunha familia mooooi longa. Hai moitos máis e teñen moi boa pinta! Están organizados por coleccións Y ME LOS PIDO TODOS!!

MI AMIGO GRVS, EL DE LAS VERDES COLINAS. De Bernardo Elrich.



Open publication - Free publishing - More escuela

MATERIALES DE PINTURA. Mauro Eiroa e Ángel Domínguez.

7 comentarios:

  1. Patri que entrada máis completa e interesante! Cantos libros acabo de coñecer! Graciñas por compartilos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana! Despois dinme conta de que coñezo algún libro máis, outro día fago outra entrada... Xa me parecía demasiado rollo para un día!! jeje!! Grazas de verdade polos teus comentarios!

    ResponderEliminar
  3. Patricia, é unha boa compilación!!! ("un puñado de besos", o tes en galego tamén chámase "unha manchea de bicos", está tamén nin un bico a forza"). Quedo a espera de ver ese libro ilustrado "as cores que non querían ser comidas!!!. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Grazas pola aclaración Susana!! Mellor en galego, claro! Quedáronme algúns poruqe despois pensei que tamén está moi chulo o de Orellas de Mariposa de Kalandraka, algunha película..mmmm (estou pensando... que xa me están entrando ganas de facer outra entrada!!) O do libro ilustrado,ejem...son máis ben uns garabatos!! ;) Súboo un día que me atope con grande autoestima... jaja!! Saúdos e grazas polo teu comentario!

    ResponderEliminar
  5. Grazas por compartir "as túas cousas", para agradecercho acordámonos de ti ó pensar nos blogs fantásticos, bota un ollo no noso blog, un blog sobre a práctica dun neno cun síndrome complicado.

    ResponderEliminar
  6. Muchas gracias por realizar esta entrada tan interesante.
    Saludos,

    ResponderEliminar
  7. Muchas gracias a ti, Antonia Ortega, tienes una web impresionante! Un honor recibir tu comentario. Saludos!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...