Mostrando entradas con la etiqueta CAMPOS SEMÁNTICOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CAMPOS SEMÁNTICOS. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de noviembre de 2016

NOVO COLE, NOVO CURSO, NOVO HORARIO, NOVA ORGANIZACIÓN DA AULA

Ola a todos e todas!
Levo un tempo sen escribir no blog, non por gañas pero é que xa sabedes como vai isto dos cambios de centro... unha locura!
Este ano "debuto" no CEIP "Vicente Otero Valcárcel" de Carral (A Coruña) como titora dun grupo de primeiro. Decidín comezar cos pequenos e pequenas xa que aínda que me dan moito traballo tamén me dan moitas sitisfaccións persoais. Ademais non están tan institucionalizados e comezar a traballar con eles a partir doutras metodoloxías resúltame máis fácil, así que aí estamos, intentando afianzar o traballo por proxectos, por rincóns, con rutinas...
Nesta entrada vouvos contar como temos organizado o horario para poder traballar así e con libros de texto (xa estaban establecidos pero non creo que nos duren moito, polo menos nas linguas)
Pois ben, a primeira hora seguimos una serie de rutinas cos encargados/as (son dous). Primeiro poñemos a data en minúsculas (así aprendemos as novas grafías) en galego e castelán e miramos quen falta na clase e cantos somos ese día, entre outras cousas. Algúns dos carteis que utilizamos son os seguintes:



Estes carteis foron vistos no blog MENTA MÁS CHOCOLATE

Unha vez temos esto feito anotamos no calendario o día, nunha plantilla en blanco que imos cubrindo con rotuladores tipo Veleda (pódense borrar), anotamos tamén o tempo que fai cun debuxo e a temperatura que buscamos en Internet. Con estes datos, unha vez ao mes elaboramos gráficas de barras e de liñas que despois comentamos entre todos. Aquí tedes o exemplo de Setembro.



A continuación traballamos cada día un aspecto matemático a través de difrentes xogos: o luns reloxo, o martes medimos, o mércores utilizamos os números, o xoves pesamos e o venres facemos cambios cos cartos.

Ao longo da mañá imos traballando nos libros de texto ata a hora de ler onde, normalmente, lemos textos relacionados co proxecto, neste caso "Os cans". Aquí vos deixo unhas fotos do noso rincón de proxecto aínda que deste xa vos falarei noutra entrada.



No noso nivel somos dúas clases, 1º A e 1º B, as titoras facemos apoio dúas horas á semana unha na clase da outra, aproveitamos nestes momentos para facer rincóns en grupos heteroxéneos, pois así podemos atender mellor ás necesidades que van xurdindo. Cada día hai cinco rincóns polos que os cinco grupos van pasando ao longo da semana (na miña aula somos 23 nenos e nenas). A continuación déixovos unhas fotos das actividades que facemos. Aproveitamos tamén estes momentos para o apoio de PT, ainda que hai outras horas nas que as profes do Departamento de Orientación nos veñen a axudar na aula. Destacar que sempre gardamos uns minutos finais para facer valoracións e comentar como lles foi, que dificultades atoparon e como as solucionaron. A partir delas poñemos caras alegres, tristes ou regulares como avaliación do seu propio traballo, para que sexan caras felices deberán cumplir uns requisitos: acabar as tarefas, que estas estén ben, non ter conflitos graves e/ou non solucionalos, controlar o tempo e axudar aos compañeiros.

- Rincón científico. Buscamos información nos libros, facemos as actividades dos libros de texto, clasificamos follas do outono...



- Rincón matemático. Creamos decenas con palillos, traballamos as simetrías con follas do outono, utilizamos a máquina de sumar, facemos os complementarios do dez con cartas de Póker... 




- Rincón das Tic. Utilizamos moitos xogos on line e agora estamos ensinándolles a buscar imaxes en Internet e pegalas nun procesador de textos.


- Rincón literario. Traballamos as grafías das letras, creamos palabras do campo semántico do outono, escribimos sobre os cans (esta tarefa forma parte de outra máis complexa que tamén xa vos contarei noutro post e que ten que ver coa tipoloxía textual das DESCRICIÓNS)




- Rincón artístico. Experimentamos con grafismos, texturas, recreamos cadros de Arcimboldo...



Pois isto é todo por agora! Temos moitos proxectos e moitas gañas de contárvolos pero iso será noutro momento... ;) 
E unha última apreciación... E vos? Como o facedes? Somos todo oídos... :) 

miércoles, 15 de enero de 2014

OCAS SEMÁNTICAS INTERACTIVAS

O outro día atopei por casualidade este xogo da oca interactivo que permite o traballo por equipos para aprender vocabulario relacionado cos animais, bandeiras, letras, provincias... Pareceume moi entretido! Para velo picade na imaxe

lunes, 15 de abril de 2013

EU TABLET... TI TABLET?

Aí ando, pelexando... De momento so estou facendo prácticas de descargas de xogos pero para este tema de Coñecemento do Medio do Tiraboleiro 2 de Anaya, en lugar de adaptalo do libro para o meu neno con TXD, traballarei o vocabulario axudándome deste novo aparello.
Aquí vos deixo algunhas aplicacións interesantes e gratuitas para ANDROID do Google Play. Estes son xogos de memoria con froitas, con eles aprendemos vocabulario, interactuamos e facemos frases. Picade nas imaxes para ir a eles. Ao meu alumno encantáronlle!




No seguinte xogo hai que tocar a hortaliza que é igual ao modelo.


Tamén xogamos cunha aplicación que nos ensinaron o grupo de traballo do CEE Ntra. Sra. de Lourdes. 

No seu blog, ANDROIDES EN EL AULA, atoparedes un montón de aplicacións interesantes así como unha presentación sobre TABLET e NEAE que recomendo moito, moito! Picade AQUÍ para vela, e na imaxe para visitalos. Grazas por acollerme! ;)


Por último, tamén ando fedellando co PICTODROID (gracias a eles, claro!), véxolle moitas posibilidades para estimular a linguaxe ademais de como taboleiro de comunicación. E é galego!
Aquí deixo un vídeo do seu funcionamento. 


Máis adiante, cando teña un pouquiño máis de tempo, quero probar tamén co ARABOARD, que é un taboleiro similar a este ao que tamén se lle pode sacar moito partido.

Para rematar, seguimos a traballar con tarxetas de vocabulario que atopei en ARASSAC. Picade AQUÍ para descargar o bingo de froitas e AQUÍ para os exercicios de autodictado cos nomes de hortalizas. 

EU TABLET... TI TABLET?

AI! SE OS DÍAS TIVERAN 30 HORAS!


viernes, 22 de marzo de 2013

PASCUA E PRIMAVERA.

Para os máis pequenos da casa deixo o enlace aos xogos de PASCUA de Ana Martínez Rey do blog AULA TIC TERRA DE FERROL que, como sempre, nos comparte un montón de útiles e fermosas actividades. Moitas grazas, Ana!
Tamén na barra lateral atoparedes outro enlace a este mesmo blog, esta vez os xogos e contos recopilados teñen que ver coa PRIMAVERA. 
Que pasedes unhas boas vacacións de Semana Santa e a ver se o tempo nos deixa desfrutalas un pouco adornándoas cuns raiños de sol!

PICADE NA IMAXE PARA IR A ELES.






martes, 5 de marzo de 2013

MULLERES E HOMES E VICEVERSA...

Comezo esta entrada con este título tan televisivo dun programa que flaco favor lle fai á igualdade pero que lle ven como anel ao dedo ás actividades que imos facer. 
Achégase o día da muller, o 8 de Marzo, e escoitaremos o conto de  ROSA CARAMELO. A súa autora é  ADELA TURÍN e a ilustradora NELLA BOSNIA (Barcelona: Lumen, 1976) Este conto, a modo de lenda, cóntanos a historia de porqué os elefantes son todos grises tocando, directa e indirectamente, os cánones culturais da feminidade e masculinidade.


A coeducación (entre moitas outras cousas) comeza compartindo as tarefas e educando para igualdade. Unha idea que realmente me gusta é a do CEIP DE SAN WALABONSO onde fixeron talleres: todos e todas clavaron unha punta, todos e todas plancharon, todos e todas puxeron a mesa, todos e todas colgaron a roupa... Para ver as fotos do seu traballazo picade na imaxe.


A maioría dos meus alumnos son pequeniños pero seguindo esta senda faremos os seguintes xogos on line onde todo o alumnado ten que facer algunhas tarefas: recoller, ordenar o armario, facer a colada, montar unha habitación, coidar o bebé que se escapa, traballar no desguace, limpar, xogar ao fútbol... De paso, traballamos a atención, o vocabulario e a linguaxe en xeral!.  

                            

           

A maioría destes xogos están sacados do blog JUEGOS SENCILLOS PARA LA EDUCACIÓN ESPECIAL e do de CHIQUITAJOS. Moi recomendables!

E xa que estamos coas mulleres tamén imos facer praxias con esta nena tan traballadora que tanto muxe unha vaca como recolle moras e limóns. Visto no blog TIRALINGUAS de Cristina AL. 



Se quereder ver as actividades que fixemos o ano pasado pulsade AQUÍ. 

Non quería rematar a entrada sen animarvos a visitar o blog da miña compañeira e amiga Rocío Méndez. Este ano no seu cole as súas mulleres son olímpicas!

domingo, 27 de enero de 2013

PROPOSTA INCLUSIVA

Pois diso trata esta entrada. De "outras maneiras de facer logopedia". Levo dándolle moitas voltas ao tema. Como traballar a comunicación cun neno con TXD sen ser no contexto da aula de AL? Como pode un mestre de AL facer unha educación inclusiva cando realiza o seu traballo permanentemente na aula de apoio? Non sei vos, pero eu sempre teño que sacar aos rapaces da aula. Cunha dislalia, unha deglución atípica, unha disfemia... é máis normal, pero... cun neno con TXD? Se o seu punto débil é a relación e a comunicación non teño na aula ordinaria un lugar incrible para traballar a pragmática? Unha vez plantexadas estas dúbidas existenciais, atopei a solución! 
Aquí vos presento a adaptación ao Tiraboleiro 2 de Anaya, na área de Coñecemento do Medio, para traballar os obxectivos da aula de AL: aumentar o vocabulario, aumentar a lonxitude das frases e expresar sentimentos (entre outras). Con este tipo de material podemos ler como os demais e facer o que están facendo os outros aínda que nun nivel un pouco máis baixo, podemos participar e incluso temos voluntarios para axudarnos!
Teño dúas sesións, nunha saimos para practicar e na seguinte estamos dentro da aula co mesmo material para poñelo en práctica. Que vos parece a idea?



Grazas a Rocío de ROCIOMENDEZPT por ser fonte de inspiración cando traballamos xuntas e ao material de Amaya Padilla do blog GRACHICO EN CLAVE,  xa cerrado,  e que agora atoparedes en SAMOGA ESPECIAL. Atopeino buscando en ARASAAC, como non!

PD: Os mestres de AL podemos, debemos e facemos moitas máis cousas que soplar e mover a lingua.

lunes, 12 de noviembre de 2012

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS

Imos repasar un pouco vocabulario aprendendo o que significa o mesmo (sinónimos) e o contrario (antónimos). Aquí vos deixo unhas actividades fáciles.

CRUCIGRAMA DE SINÓNIMOS

PULSA  NO APARTADO DE VOCABULARIO (BLA, BLA, BLA)

UNE:

ESCRIBE OS ANTÓNIMOS:

MEMORY DE ANTÓNIMOS


ESCRIBE OS SINÓNIMOS E OS ANTÓNIMOS:

PARA IR ÁS ACTIVIDADES DE SINÓNIMOS DE ANAYA PULSADE AQUÍ,  AQUÍ OU AQUÍ.
E PARA AS DE ANTÓNIMOS AQUÍ OU AQUÍ.
 PARA COMPLETAR UN TEXTO CON ANTÓNIMOS PICADE NESTE ENLACE.  








 

lunes, 1 de octubre de 2012

CORES, CORES E MÁIS CORES.

Esta entrada vai adicada ao mundo das cores, primeiro preséntovos un conto moi chulo sobre estereotipos e personalidades. O rosa e o azul son perseguidos polos neutros... queredes saber que lles pasa? Picade na imaxe e descargaredes este precioso conto de Nunila López con ilustracións de Myriam Cameros para traballar tamén á coeducación. Ten licencia Creative Comons e sonaravos por ese outro conto da Cenicienta que non quería comer perdices. Moi recomendable. Podedes ver o blog das súas autoras  picando aquí. Para descargalo picade na imaxe.


E xunto con este conto, dous xogos coa mesma temática . Picade nas imaxes para ir a eles.










martes, 17 de abril de 2012

MINI PROXECTO BOMBEIROS

Estas son as fichas que elaborei para o segundo ciclo da Educación Primaria do que son coordinadora. Non sei se lle poden servir a alguén porque están moi centradas nos bombeiros de Betanzos que son os que imos ir a ver, algunha ficha igual vale. As imaxes están sacadas da web se hai algún problema retíranse, van ser utilizadas con fins educativos. Agradézovos aos compañeir@s blogueir@s os xogos ou outros materiais , ideas... que coñezades para complementar estas aprendizaxes. Grazas de antemán!

jueves, 1 de marzo de 2012

PSICOMOTRICIDADE CON RIMAS E ANIMAIS

Que gracia me fixeron estas fichiñas do Blog de Marybel para traballar psicomotricidade e rimas, encantáronme! Xa hai polo blog unhas parecidas pero estas con movemento son moito máis creativas e motivadoras. Igual os rapaces se volven un pouco "turulatos" pero que lles van a encantar, iso, case é seguro. Ademais dos exercicios psicomotrices estas tarefas axudan a:
- Mellorar a memoria.
- Co ritmo familiarízanse con conceptos matemáticos.
- Adquiren vocabulario e melloran as destrezas lingüisticas.
- Despertan a súa imaxinación e o pensamento creativo.
....
(Información vista na páxina SER PADRES)
Aquí as deixo:

martes, 24 de enero de 2012

O MEU PRIMEIRO LIBRO LIM!

Presinto que este é o inicio dunha grande amizade... jeje! Grazas aos obradoiros de TADEGA esta fin de semana fun a Cangas aprender a usar Edilim, valeu a pena a viaxe! Fun para visitar a miña familia do sur, para aprender e para ver como era isto dos obradoiros porque.. atención á primicia... o do día 25 de febreiro douno eu! Aquí vos deixo o enlace para apuntarvos se vos interesa, é sobre creación de blogs e ferramentas web e é gratuito. Xa estou traballando duramente na presentación! A ver que tal queda e se me sae ben... Que nervios!!!!

viernes, 13 de enero de 2012

MÁS DE ANIMALES!


La entrada anterior y esta nos van ayudar a mi y a "H" para aprender muchas cositas sobre los animales, gracias a los vídeos, a las fichas y a las presentaciones non vamos a convertir en unos verdaderos expertos! Aquí dejo la segunda parte de ejercicios, esta vez dedicadas al pato, la oveja, el gato y el perro.También dejo unos juegos relacionados con el tema, para verlos picad en las imágenes. El primero es para saber más cosas sobre los animales domésticos y en el segundo la ardillita nos enseña con animales y otros objetos los conceptos básicos. A jugar y a aprender!


 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...