Mostrando entradas con la etiqueta ESTIMULACION DA LINGUAXE EN EDUCACION INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESTIMULACION DA LINGUAXE EN EDUCACION INFANTIL. Mostrar todas las entradas

jueves, 31 de enero de 2013

UN ENTROIDO DE CONTOS

No noso cole disfrazámonos de contos populares, por iso elaborei estas praxias relacionadas coa temática do Entroido deste ano para os talleres de Estimulación da Linguaxe en EI, xa teño que empezar mañá que non me da tempo!.

 

Tamén imos facer unhas adiviñas co seguinte libro LIM. Son adiviñas recollidas dun libro da Editorial Oxford cuxa autora é Ana Alonso, con ilustracións de Leticia Ruifernández. É moi curtiño e moi barato, recoméndovolo!



Co seguinte xogo sobre contos  pasaremos un rato divertido, picade na imaxe:


Probaremos tamén a poñerlle un disfraz á nena: 


QUE DISFRUTEDES MOITO DO ENTROIDO!








martes, 22 de enero de 2013

PRAXIAS PACÍFICAS E OUTRAS APERTAS.

Aquí deixo algúns dos materias que máis me gustaron para traballar o DÍA DA PAZ. No noso centro ímonos centrar nas "apertas gratis" e nos "abrazos de oso" seguindo unha idea da etapa de Educación Infantil do centro onde estiven o ano pasado o Ceip Francisco Vales Villamarín.


No programa de Estimulación da Linguaxe na EI contaremos este conto e faremos as praxias con palomas e rimas co seguinte vídeo que elaborei. 



 Picando na imaxe darémoslle millo ás pombas! Ti pica no cha que elas soliñas van a comelo!




domingo, 9 de octubre de 2011

SWITCH ZOO

ESTE É UN XOGO ON LINE QUE PERMITE FACER HÍBRIDOS DE ANIMAIS: MESTURAR GATOS CON RABO DE ELEFANTE E CABEZA DE TIGRE; ELEFANTES CON RABO DE CAN E PATAS DE PORCO.... UTILÍZOO MOITO COS MEUS NENOS E NENAS PARA PRACTICAR AS DESCRICIÓNS, A ORDE DO DISCURSO ORAL, O VOCABULARIO, A SINTAXE, A CREATIVIDADE, ESTIMULAR A IMAXINACIÓN... DAME MOITÍSIMO XOGO E ENCÁNTALLES! AQUÍ VOS DEIXO UNHA DAS ÚLTIMAS CREACIÓNS FEITA POR "A", PRESÉNTOVOS A "BUCHI"...


PARA DESCUBRIR SWITCH ZOO PICADE AQUÍ

miércoles, 25 de mayo de 2011

O FONEMA R SIMPLE NA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NE INFANTIL

ESTE CONTO DA SERRA ERI TAMÉN ESTÁ SACADO DO PROGRAMA DE ESTIMULACION DA LINGUAXE DA EDITORIAL XERAIS. FIXEMOS UNHA SERRA DE PAPEL E VEÑA A AXITALA E A FACER: RRRRRR... A SEMANA QUE VEN TÓCAME CONTARLLES O CONTO AOS NENOS E NENAS DE SADA, POÑEREI IMAXES GRÁFICAS DO MOMENTO, XA VEREDES QUE GUAPOS E QUE APLICADOS. ADEMAIS TAMÉN APRENDEMOS OS OFICIOS, AINDA QUE SON UN POUCO DIFÍCILES PARA OS MÁIS PEQUERRECHOS... OS PICTOGRAMAS SON DE ARASAAC, CLARO!

jueves, 5 de mayo de 2011

BLOQUE 3. CONSOANTES LÍQUIDAS, VIBRANTE E SINFONS.

COMEZAMOS NESTE TERCEIRO TRIMESTRE O BLOQUE DAS LETRAS MÁIS DIFÍCILES DE PRONUNCIAR! ESTA É A PRIMEIRA PRESENTACIÓN, A QUE TRABALLA  O SONIDO DO "L" A TRAVÉS DO CONTO DA LINGUA LOLA. PROBAMOS O SAL, O AZÚCAR E O LIMÓN PARA EXPERIMENTAR DIFERENTES SABORES. É UNHA ADAPTACIÓN EN IMAXES DO PROGRAMA DE ESTIMULACION DA LINGUAXE ORAL DA EDITORIAL XERAIS, A CANCIÓN TAMÉN PERTENCE A ESTE MÉTODO.

martes, 26 de abril de 2011

XANDRE ENSÍNANOS A DISTINGUIR OS SONS X-LL-Ñ

A PARTIRES DO CONTO DE XANDRE, O ELEFANTE SEN SOMBRA DA ASOCIACIÓN TADEGA, IMOS TRATAR DE DISCRIMINAR ESTES SONS TAN PARECIDOS ENTRE SI. ESTE É UN CONTO QUE SEGUE A FILOSOFÍA DA ACCESIBILIDADE. SE QUEREDES VELO PICADE NA IMAXE.

AQUÍ DEIXO A SESIÓN DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE CON ACTIVIDADES RELACIONADAS CON ESTE CONTO:


TAMÉN IMOS FACER, SE NOS DA TEMPO, UNHAS FICHAS PARA MELLORAR A ATENCIÓN E A ORGANIZACIÓN ESPACIAL COAS SILUETAS (XA QUE IMOS DE SOMBRAS!) SON DE ORIENTACIÓN ANDÚJAR. (por se os papis non a coñecedes nesta páxina hai un montón de recursos!)





E MÁIS DE SOMBRAS... PORQUE NON ENSINARLLES ALGO DAS CHINESCAS? NON ATOPEI MOITOS MATERIAIS SOBRE ESTE TEMA PERO A VER SE ADIVIÑADES QUE ANIMAIS REPRESENTA COAS SÚAS MANS O SEGUINTE MAGO?

AGORA PODEDES PROBAR VOS NA CASA A VER QUE VOS SAE!! ESTIMULADE A IMAXINACIÓN!

POR ÚLTIMO SE QUEREDES UNIR CADA FIGURA XEOMÉTRICA COA SÚA SOMBRA VISITADE O SEGUINTE XOGO:

miércoles, 13 de abril de 2011

OS SONS VELARES

BASEADO NUNHA IDEA ORIXINAL DE EUGENIA ROMERO, DEL BLOG DE LOS MAESTROS DE AUDICION E LINGUAXE (QUE RARO!) ADAPTEI O SEU CONTO SOBRE AURORA PARA ENSINARLLES AOS NENOS E NENAS A COIDAR A VOZ E, AO MESMO TEMPO, REDIRIXINO PARA TRABALLAR OS SONS VELARES CO CARACOL GUILLE E AS PERLAS DA SÚA GARGANTA CUCA E QUICA... TEMOS IMAXES GRÁFICAS CON COLARES DE CONTAS DE GOMA EVA (QUE GUAPOS E GUAPAS!) E A CANCIÓN DO SEÑOR NOÉ PARA REPASAR! (PARA ESCOITALA PICADE NO NOME) COIDADO QUE PODEDES ESTAR CANTÁNDOA VARIOS DÍAS!







FICHA DO CARACOL GUILLE DE PSICOMOTRICIDADE DE LOYCA RECURSOS. GRAZAS POR COMPARTIR!

miércoles, 30 de marzo de 2011

O DINOSAURIO TODI E A DISTINCIÓN DOS FONEMAS "D" E "T"

COMEZAMOS EN SADA COA DISTINCIÓN DO "D" E O "T". PRESÉNTOVOS AO DINOSAURIO TODI... MIRADE O QUE LLE PASOU POR NON QUERER COMPARTIR...
PARA QUE NON SE  NOS OLVIDEN AS ENSINANZAS DO DINOSAURIO TODI FIXEMOS UNHAS ETIQUETAS PARA POÑER NAS BOTELLAS DE AUGA OU NOS TUPER, EN CALQUERA LUGAR ONDE AO TOMALO XA NUNCA MÁIS NOS PELEXAREMOS POR NADA!


Ficha dinosaurio todi

View more presentations from patriciapenabarbeito.

E XA QUE ESTAMOS... COÑECEMOS OS DINOSAURIOS!






ALGUHA MANUALIDADE? ESTA PARECE FÁCIL! NÓS NON A FIXEMOS POR FALTA DE TEMPO... É UNHA IDEA!


LIBRO LIM COA TEMÁTICA DOS DINOSAURIOS, NON SEI QUEN É O AUTOR... PERDÓN!




UNHA CANCIÓN DE JIM JAM & SUNNY QUE CONTÉN A FORMA DE ANDAR DOS DINOSAURIOS! SON MOI BOS ESTES DEBUXOS, ENCÁNTANME AS CANCIÓNS!

jueves, 17 de marzo de 2011

COMEZAMOS CO BLOQUE DISTINCIÓN XORDO-SONORO EN SADA!

PARA A DISTINCION B-P
O CONTO DA OVELLA PIBI E OS NENOS DO MUNDO, PARA FOMENTAR O RESPETO ENTRE OS POBOS E ÁS LINGUAS... QUE FALTA NOS FAI!
PARA Á CASA LEVAMOS UN MINICONTO (UN PEQUENO RESUMO) PARA PODER REPASALO COAS MÁMÁS E OS PAPÁS E TRABALLAR O DISCURSO ORAL E A PRONUNCIACIÓN.
A CANTIGA: TENGO UNA HORMIGUITA EN LA PATITA DOS CANTAJUEGOS!

AQUÍ DEIXO O MINICONTO!

miércoles, 16 de marzo de 2011

APREDEMOS A DESCRIBIR CON STORYBIRD

NO BLOG DE CASA DE TOLOS FAI UNHAS SEMANAS PUBLICABAN UN LIBRO COLABORATIVO EN STORYBIRD. ESTE É UNHA FERRAMENTA ON LINE QUE CHE PERMITE CREAR AS TÚAS PROPIAS HISTORIAS. SO TES QUE DARTE DE ALTA CUN NOME E UNHA CONTRASEÑA. A MIN GUSTÁRONME MOITO OS DEBUXOS E DESPOIS DE MOITO PENSAR COMO ADAPTALO Á EDUCACIÓN INFANTIL, DECIDÍN FACER UNHA ESPECIE DE TALLER DE DESCRICIÓNS GUIADAS.
AS PREGUNTAS DAS QUE SE PARTÍAN ERAN:
- COMO SE CHAMA O PERSONAXE?
- ONDE VIVE?: nun castelo, nunha flor, nun prado, nunha illa deserta...
- COMO É PERSONALMENTE?: tímido, xeneroso, amable, simpático,traballador,presumido, sincero, feroz, salvaxe, desordenado, medoso, rebelde, despistado...
- COMO É FISICAMENTE: alto, baixo, gordo, delgado, comoten os ollos, o nariz...
- COMO ESTÁ?: triste, contento, asustado...
- E... QUE LLE GUSTA FACER?
AQUÍ VOS DEIXO COMO QUEDARON AS MASCOTAS DE CADA NENO E NENA DA ESCOLA DE EI DE LUBRE (CRA DE BERGONDO).
O FIN DESTA ACTIVIDADE É QUE AUMENTEN O VOCABULARIO, A MEMORIA VERBAL E MELLOREN A ORDE DO DISCURSO. TAMÉN ASÍ OS PAPIS PÓDENSE INVENTAR HISTORIAS NA CASA CON ESTES PERSONAXES! CREO QUE DAN MOITO PARA FALAR! PARA VELO FACEDE CLIC NA IMAXE. CANDO VISUALICEDES O LIBRO NA PORTADA A FOLLA ESTÁ COMO DADA A VOLTA E APARECE "OPEN" SE FACEDES CLIC ALÍ PODEDES VER AS DESCRICIÓNS EN PANTALLA COMPLETA!


OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PRACTICAMOS AS DESCRICIÓNS COA MESTRE DE AL by patripenalogopeda on StorybirdACABO DE DARME CONTA DE QUE OS DOCUMENTOS EN STORYBIRD SE NON ESTÁN EN INGLÉS NON DEIXAN QUE SEXAN PÚBLICOS... VAIA LATA! ASÍ QUE PARA QUE OS VEXADES SUBINOS E ISSUU, RECORTEI OS DEBUXOS, FIXEN UN DOCUMENTO PDF E ESTE É O RESULTADO!

jueves, 10 de marzo de 2011

APRENDEMOS A DICIR O SON DO "CH" CO TREN CHU-CHU

CON ESTA PRESENTACIÓN TRABALLAMOS ESTE SON AFRICADO E TAMÉN A RESPIRACIÓN COSTODIAFRAGMÁTICA CO PATIÑO ENRIBA DO ABDOME AO QUE SE LLE FAN OLAS. COS ZAPATOS REPASAMOS AS CORES. O CONTO É DE COSECHA PROPIA, PERO SEMPRE AO FINAL LLES EXPLICO COMO SE FORMA O ARCO DA VELLA DE VERDADE: UN RAIO DE SOL ATRAVESA UNHA GOTIÑA DE AUGA!
A CANCIÓN QUE UTILIZO É A DE MILIKI CHINITO DE AMOL!

TAMÉN DEIXO AQUÍ OUTROS VIDEOS RELACIONADOS CO TREN. O SEGUINTE SÍRVENOS PARA MELLORAR O RELATO ORAL PORQUE SEMPRE DESPOIS LLES FAGO PREGUNTAS SOBRE EL. A ONDE ÍA O TREN? QUE LEVABA? ASÍ TAMÉN AUMENTAMOS O VOCABULARIO.

COA SEGUINTE CANCIÓN ADEMAIS DE TRABALLAR A MEMORIA AUDITIVA E A ARTICULACIÓN TAMÉN O PASAMOS PIPA FACENDO UN TREN POLA CLASE!

CO TREN DE CRIO-YO TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS "BOAS" E "MALAS" AINDA QUE O DA FE QUE SI PODE SUBIR OMÍTOO... DE TODOS MODOS A MELODIA ADAPTÁMOLA PARA INCLUIR OUTRO TIPO DE SENTIMENTOS: TRISTEZA, ALEGRÍA, ENFADO, AMIZADE, VIOLENCIA...

POR ÚLTIMO UNHAS FICHIÑAS PARA PINTAR DE TRENES, NÓS IMOS FACELOS PEQUENIÑOS E GRAMPALOS A UNHA PALLIÑA. MAÑÁ POÑO AS FOTOS QUE HOXE NON AS TEÑO! DE TODAS FORMAS TAMÉN E MOI FÁCIL! CHUUU! CHUUUU! PASAXEIROS AO TREN!

POÑERIA DE QUE PÁXINAS AS SAQUEI PERO NON ME ACORDO! SÍNTOO! GRAZAS POR COMPARTIR!

OS MÁIS PEQUENIÑOS DO CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS APRENDEN A DICIR "CH" CO TREN CHU-CHU!

miércoles, 9 de marzo de 2011

MATERIAL PARA MELLOR A INTELIXIBILIDADE DA FALA E A DISCRIMINACIÓN AUDITIVA DE SONS SIMILARES

ESTAS ACTIVIDADES TEÑEN O OBXECTIVO DE ESTIMULAR E PROCURAR UNHA MAIOR AXILIDADE E INTELIXIBILIDADE NA LINGUA ORAL DUN NENO DO ÚLTIMO ANO DE INFANTIL, ASÍ COMO AXUDAR A DESENVOLVER A CONCIENCIA FONOLÓXICA, A LECTURA COMPRENSIVA, A ATENCIÓN E, EN FIN, O GUSTO POLOS XOGOS ORAIS E A LITERATURA!


ESTES EXERCICIOS SON PARA DISTINGUIR NA ESCRITA FONEMAS SIMILARES NO PUNTO DE ARTICULACIÓN, SOBRE TODO D,L,N, E R SINXELA.


ESTES DOUS PEQUENOS POEMIÑAS ESTÁN SACADOS DO BLOG http://loycarecursos.blogspot.com/ EU ADAPATEINOS PARA TRABALLAR ADEMAIS DA MEMORIA VERBAL, A ATENCIÓN E A AXILIDADE, A LECTURA COMPRENSIVA.

UN LOTO DE PALABRAS DE MÁIS DIFICULTADE PARA TRABALLAR TAMÉN A AXILIDADE NA DICCIÓN. POLO MESMO MOTIVO FIXEN A SEGUINTE RECOPILACIÓN DE TRABALINGUAS CUNHA AXUDIÑA VISUAL PARA QUE SEXAN UN POUCO MÁIS FÁCILES!
E POR ÚLTIMO UNHAS ADIVIÑAS TRADUCIDAS AO GALEGO DO BLOG DE LOYCA (NON TODAS ESTÁN TRADUCIDAS QUE SENÓN NON ME RIMABAN!) GRAZAS POR COMPARTIR!

lunes, 7 de marzo de 2011

A ABELLA ZUM ENSÍNANOS A DICIR O SON "ZZZZZZ"

A ABELLA ZUM É UNHA ABELLA VIAXEIRA, CON ESTA HISTORIETA APRENDEMOS A DICIR O SON "Z", CADA VEZ QUE A ABELLA SAE VOANDO NÓS IMITAMOS O SONIDO ZZZZ E COÑECEMOS OS NOMES DALGUNHAS FLORES.

O VÍDEO DA VACA QUE FAI PRAXIAS FOI SEMIFINALISTA DO CONCURSO "UN AULA VISUAL PARA CHILE"



A CANCIÓN  SEÑORA Z PODÉDELA ATOPAR NO SEGUINTE ENLACE. PICADE NA IMAXE E ATOPAREDES AS CANCIÓNS DE TODO O PAIS DAS LETRAS .





TAMÉN FIXEMOS ABELLAS ZUM CON CORPO DE ROLLO DE PAPEL HIXIÉNICO. AQUÍ VOS DEIXO A PLANTILLA. COMO VEDES É MOI FÁCIL! E VEÑA! A VOAR DICINDO O Z.


POR ÚTIMO, NO BLOG LOYCARECURSOS ATOPEI ESTA FICHA PARA TRABALLAR A GRAFOMOTRICIDADE COAS ABELLAS. NESTE BLOG HAI MOI BOS MATERIAIS!

miércoles, 2 de marzo de 2011

FOLLETO ENTREGADO AOS PAIS DE NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS PARA A EMISION DO FONEMA R.

A ESTE FOLLETO INFORMATIVO PUXENLLE O NOME DO BLOGUE DE LOGOPEDIA EN EL COLE, PARECEUME DIVERTIDO E AXEITADO PARA O TEMA QUE NOS OCUPA! BOA IDEA! FIXENO PORQUE OS PAIS DOS NENOS DE 4 ANOS ESTABAN PREOCUPADOS POLA PRONUNCIA DOS SEUS FILLOS E FILLAS.

martes, 1 de marzo de 2011

O GATO FITO ENSÍNANOS O SON F


CON ESTA PRESENTACIÓN TRATAMOS DE TRABALLAR A EMISIÓN DO SONIDO FFFFF, PARA COMPLETALA UTILIZAMOS A CANTIGA DOS MARAVILLOSOS "CANTAJUEGOS":
TODO EL MUNDO EN ESTA FIESTA SI SE QUIERE DIVERTIR TODO AQUELLO QUE YO HAGO LO TENDRÁ QUE REPETIR" ELES TEÑEN QUE DICIR: FIESTA! QUE CONTÉN O F.

TAMÉN FIXEMOS O ANO PASADO UNHA OCA EN PAPEL CONTINUO CON DEBUXOS PINTADOS POLOS NENOS E NENAS: DE FOCA A FOCA E TIRO PORQUE ME TOCA. A XOGAR!



E POR ÚLTIMO ESTE É O NOSO GATO FITO: A QUE É GUAPO! POÑÉMOSLLE OS PES DE PINZA E A FUNGARLLE Á COMIDA!




UNHA FICHA DO GATO FITO DO BLOG DE LOYCA.

jueves, 24 de febrero de 2011

AS CONSOANTES FRICATIVAS

O SEGUINTE BLOQUE DO PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL E EDUCACIÓN INFFANTIL É O DAS CONSOANTES FRICATIVAS: O S, O F, O S SONIDO "ZZZ" E O AFRICADO "CH".
A PRIMEIRA DESTAS SESIÓNS É O DA SEÑORA DO SILENCIO: SSSSSSS!


PARA ESTE SON ESCOLLÍN A CANCIÓN DE DON PEPITO E DON JOSÉ DE MILIKI.



E COMO COMPLEMENTO REALIZAMOS A SEGUINTE SERPE SACADA DO BLOGUE ACTIVIDADES DEL MUNDO É MOI FACILIÑA! PODEDES VER COMO SE FAI FACENDO CLIC NA IMAXE.


miércoles, 23 de febrero de 2011

O CONTO DO VERME VERDE


A ESTE CONTO TÉÑOLLE ESPECIAL CARIÑO PORQUE NON É MEU. EU FIXEN E PLASTIFIQUEI A LÁMINA CON DEBUXOS QUE DESCARGUEI DO PICASA DE EUGENIA ROMERO ENTRE OUTROS. ERA PARA TRABALLAR CUNHA NENA OS NOMES DOS ANIMAIS, MIÑA NAI COLLEU A LÁMINA E SACOU ESTE CONTO TAN BONITO PARA A MIÑA SOBRIÑA DE DOUS ANOS E MEDIO. CON EL PODEMOS TRABALLAR A SECUENCIACIÓN TEMPORAL, O VOCABULARIO, A MEMORIA...




HOXE XOGANDO COA MIÑA SOBRIÑA NO ORDENADOR VINLLE BRILLAR OS OLLOS DE EMOCIÓN CO SEGUINTE XOGO. ESTÁ EN INGLÉS PERO É MOI FACILIÑO. O VERME VAI COMENDO FROITAS E DESPOIS, CANDO XA COME CATRO, CONVÍRTESE NUNHA MARIPOSA DAS CORES DAS FRUTAS QUE COMEU. VEN MOI BEN PARA TRABALLAR CON ESTE CONTO ASÍ QUE NON QUERO QUE SE ME OLVIDE PARA O ANO. AQUÍ QUEDA FICHADO!

CANCIÓNS PARA TRABALLAR AS VOGAIS



ESTA CANCIÓN UTILICEINA PARA A PRESENTACIÓN DO OUTONO. É DE CAROLINA VELASCO GARCIA DO CEIP VICENTE ALEXAINDRE E ESTÁ COLGADA NO BLOG http://aulaautismoalmuecar.blogspot.com. GRAZAS POR COMPARTIR!



COMO O E COINCIDIU EN SAMAÍN ESTA CANCIÓN ENCANTOULLES!

PARA O I A CANCIÓN DE QUE LLUEVA, QUE LLUEVA... SIRVEUNOS PARA A GRAFOMOTRICIDADE POIS A CHOIVA SON PALIÑOS COMO O I.
TAMÉN NO BLOG http://gemi-carpediem.blogspot.com/2010/10/aprendemos-vocales-y-abecedario-con.html ATOPAREDES CANCIÓNS PARA AS VOGAIS MOI CHULAS A MIN UNHA DAS QUE MÁIS ME GUSTA É ESTA:



NO CASO DO O REPASAMOS AS ESTACIÓNS CON CAILLOU!



E POR ÚLTIMO PARA O U: CU-CU CANTABA LA RANA!

viernes, 18 de febrero de 2011

REPASO DE VOGAIS


ESTA É UNHA ADAPTACIÓN DUN CONTO QUE ATOPEI NALGUNHA GALERIA PICASA... QUE NON RECORDO CAL (SÍNTOO). NEL O PROTAGONISTA CHAMÁBASE MANUELITO, EU CAMBIELLO POLO MORCEGO E FIXEN UNHAS CANTAS ADAPTACIÓNS MÁIS. O RESULTADO É ESTE! FÍXENO EN CASTELÁ, AINDA QUE PROCURO DAR AS CLASES EN GALEGO PORQUE A PALABRA MORCEGO NON ME VALIA PARA O CONTO... NON TIÑA TÓDALAS VOGAIS!

PRAXIAS CON PAPA NOEL

NA WEB DE EL MALETIN DE AUDICION Y LENGUAJE ATOPEI ESTE MATERIAL TAN BO PARA TRABALLAR NO NADAL O ASPECTO ARTICULATORIO. GRAZAS POR COMPARTIR! PODEDES ACCEDER A EL CLICANDO NA IMAXE
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...