Estamos de noraboa! O noso proxecto do ano pasado "Coñecendo Outes" foi galardoado cun dos premios que conceden as Bibliotecas Escolares de Galicia no III Concurso de Traballo por Proxectos. Moi contentos e emocionados por este galardón!
Pensar que outra escola é posible, unha escola onde non se ensine so a memorizar e onde cabemos todos e todas non é unha utopía, é unha realidade pola que moitos docentes loitamos día a día a pesar das trabas, dos impedimentos, dos recursos e de todos os atrancos que nos aparezan no camiño. Somos eses docentes que estamos convencidos de que os pilares fundamentales nos que se debe basear a educación son o aprender a aprender e tamén a ser, a estar e a convivir.
Se picades neste ENLACE podedes acceder á memoria do noso proxecto e tamén á memoria dos outros galardoados, eu xa lin varios e con cada un aprendo un pouquiño máis.
FELICES!
Mostrando entradas con la etiqueta ALFIN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALFIN. Mostrar todas las entradas
lunes, 5 de diciembre de 2016
miércoles, 13 de enero de 2016
ESQUEMA ALFIN: APRENDENDO A APRENDER.
Como xa vos podedes dar conta polas publicacións este ano estou metida de cheo no traballo da biblioteca escolar e estou aprendendo un montón de cousas que tamén me veñen moi ben para a miña aula de primaria.
Antes de Nadal estiven facendo unhas xornadas de formación de usuarios polas que pasou todo o cole, dende os máis pequeniños que coñeceron a mascota, as normas e o lugar e onde estaban colocados os libros, ata os máis maiores con trucos para buscar información tanto dentro da biblio como na web, coñecer as partes dos libros, distinguir os científicos dos de literatura, os diferentes xéneros... Se queredes ver un esquema do que consistiu este traballo podedes picar no seguinte ENLACE.
Preténdese así que a biblioteca se convirta en centro de recursos para todo o profesorado e alumnado, e por suposto, tamén en lugar de consulta, ocio e lecer. A biblioteca é, o que da en chamarse nos últimos tempos, o lugar do que parte a ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL (coñecida como ALFIN). Trátase de que o alumnado desenvolva a competencia en aprender a aprender, porque moito nos din que hai que investigar, que hai buscar na rede, que hai que crear e recrear pero... quen nos ensina a todo iso?
O proxecto da biblio este ano chámase EXPLORANDO OUTES e para guialos elaborei este organizador gráfico que mostra os cinco pasos necesarios para realizar un bo traballo de investigación.

Tamén atopei na rede, grazas ás publicación do equipo de Bibliotecas Ecolares do CAFI, estes materias tan interesantes sobre trucos para as búsquedas en Internet, parecéronme moi bos para os máis maiores do cole.
Pola miña experiencia, os nenos e nenas non buscan na rede de forma eficiente, son enganados facilmente por publicidade ou sacan a información en páxinas que non entenden ou non son demasiado rigurosas. Esperemos que con axudas como estas se vaian convertindo en persoas adultas críticas e reflexivas que contrasten a información e non se queden co primeiro que atopen. Isto debería ser un traballo gradual que vai dende a educación infantil ensinándolles a buscar unha foto para ilustrar algo (por exemplo), á búsqueda guiada polo adulto nas etapas intermedias, ata as máis altas onde eles sos se deberán enfrentar ao milleiro de información que está hoxe á nosa disposión. E iso, que se escribe tan fácil, aínda o estamos aprendendo os "moi maiores"... ;)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)