NO BLOG DE CASA DE TOLOS FAI UNHAS SEMANAS PUBLICABAN UN LIBRO COLABORATIVO EN STORYBIRD. ESTE É UNHA FERRAMENTA ON LINE QUE CHE PERMITE CREAR AS TÚAS PROPIAS HISTORIAS. SO TES QUE DARTE DE ALTA CUN NOME E UNHA CONTRASEÑA. A MIN GUSTÁRONME MOITO OS DEBUXOS E DESPOIS DE MOITO PENSAR COMO ADAPTALO Á EDUCACIÓN INFANTIL, DECIDÍN FACER UNHA ESPECIE DE TALLER DE DESCRICIÓNS GUIADAS.
AS PREGUNTAS DAS QUE SE PARTÍAN ERAN:- COMO SE CHAMA O PERSONAXE?
- ONDE VIVE?: nun castelo, nunha flor, nun prado, nunha illa deserta...
- COMO É PERSONALMENTE?: tímido, xeneroso, amable, simpático,traballador,presumido, sincero, feroz, salvaxe, desordenado, medoso, rebelde, despistado...
- COMO É FISICAMENTE: alto, baixo, gordo, delgado, comoten os ollos, o nariz...
- COMO ESTÁ?: triste, contento, asustado...
- E... QUE LLE GUSTA FACER?
AQUÍ VOS DEIXO COMO QUEDARON AS MASCOTAS DE CADA NENO E NENA DA ESCOLA DE EI DE LUBRE (CRA DE BERGONDO).
O FIN DESTA ACTIVIDADE É QUE AUMENTEN O VOCABULARIO, A MEMORIA VERBAL E MELLOREN A ORDE DO DISCURSO. TAMÉN ASÍ OS PAPIS PÓDENSE INVENTAR HISTORIAS NA CASA CON ESTES PERSONAXES! CREO QUE DAN MOITO PARA FALAR! PARA VELO FACEDE CLIC NA IMAXE. CANDO VISUALICEDES O LIBRO NA PORTADA A FOLLA ESTÁ COMO DADA A VOLTA E APARECE "OPEN" SE FACEDES CLIC ALÍ PODEDES VER AS DESCRICIÓNS EN PANTALLA COMPLETA!
Acabo de descubrir tu blog y me parece maravilloso. Gracias por compartir tu trabajo. Soy maestra de AL y me has dado mucísimas buenas ideas.
ResponderEliminarMUCHISIMAS GRACIAS MARIAN! SALUDOS!
ResponderEliminar