Comezo esta entrada con este título tan televisivo dun programa que flaco favor lle fai á igualdade pero que lle ven como anel ao dedo ás actividades que imos facer.
Achégase o día da muller, o 8 de Marzo, e escoitaremos o conto de ROSA CARAMELO. A súa autora é ADELA TURÍN e a ilustradora NELLA BOSNIA (Barcelona: Lumen, 1976) Este conto, a modo de lenda, cóntanos a historia de porqué os elefantes son todos grises tocando, directa e indirectamente, os cánones culturais da feminidade e masculinidade.
A coeducación (entre moitas outras cousas) comeza compartindo as tarefas e educando para igualdade. Unha idea que realmente me gusta é a do CEIP DE SAN WALABONSO onde fixeron talleres: todos e todas clavaron unha punta, todos e todas plancharon, todos e todas puxeron a mesa, todos e todas colgaron a roupa... Para ver as fotos do seu traballazo picade na imaxe.
A maioría dos meus alumnos son pequeniños pero seguindo esta senda faremos os seguintes xogos on line onde todo o alumnado ten que facer algunhas tarefas: recoller, ordenar o armario, facer a colada, montar unha habitación, coidar o bebé que se escapa, traballar no desguace, limpar, xogar ao fútbol... De paso, traballamos a atención, o vocabulario e a linguaxe en xeral!.
E xa que estamos coas mulleres tamén imos facer praxias con esta nena tan traballadora que tanto muxe unha vaca como recolle moras e limóns. Visto no blog TIRALINGUAS de Cristina AL.
Se quereder ver as actividades que fixemos o ano pasado pulsade AQUÍ.
Non quería rematar a entrada sen animarvos a visitar o blog da miña compañeira e amiga Rocío Méndez. Este ano no seu cole as súas mulleres son olímpicas!
Que boísimos recursos, Patri! Graciñas por compartilos. Unha aperta.
ResponderEliminarQue fantásticos recursos! Xogos, vídeo, a túa entrada anterior e o magnífico traballo do colexio de Rocío Menéndez. Unha aperta agradecida
ResponderEliminarUnha entrada moi completa e comparto todo o que comentas Unha aperta
ResponderEliminarMoitas gracias polo teu apoio. Eu tamén recollín a túa entrada e hoxe, no Día da Muller Traballadora estibemos a ver o conto Rosa Caramelo que vin por primera vez no teu blog. Espero seguir colaborando! Ata a próxima!!!!
ResponderEliminarMoitísimas grazas polos vosos comentarios! Vémonos na rede!! Saudiños!
ResponderEliminar