sábado, 5 de mayo de 2012

MÁIS FICHAS DOS BOMBEIROS

Nunha das últimas entradas publicaba unhas fichas para traballar no Primeiro Ciclo sobre os bombeiros, agora publico as que vou a utilizar eu na aula de apoio cos meus peques que ainda non saben ler e escribir moi ben. Utilizo os pictogramas para todos, paréceme que con eles melloran a comprensión e ademais tamén axudan a desenvolver a conciencia fonolóxica debuxo-palabra. Tamén os motiva escoitarse ler coas imaxes ainda que non sepan ler decodificando sons. De todas formas, sobre todo, son para un neno que teño con TEL, para que poida acceder á información de forma visual e non so auditiva e poida, por unha parte, chegar a comprender mellor o mundo que o rodea e interaccionar cos demais e, por outra, para que aumente a lonxitude das frases e a orde do discurso. A ver que tal se lles dan... Ando estes días un pouco enferma (non dou saído da amigdalite continua) e desilusionada, isto de crer nas utopías e o que ten, ás veces das coa cruda realidade. ;)
Estas actividades están baseadas nunha idea do blog de infantil de Sol Navarro que vos animo a visitar.

Canto aprendo cada día dos que mostrades os voso traballos na rede!! Que sería de min sen vós! Que aburrimento!



3 comentarios:

  1. Patri, están tan chulas como as outras. Seguro que as utilizamos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Ánimo Patri!! Coidate moito e, coma sempre, as fichas están xenial. Grazas por amosarnos e compartir o teu traballo. Unha aperta enorme!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...