O primeiro é o PREMIO AO BLOG FANTÁSTICO que chega de NAS NOSAS COUSAS. Neste blog un neno con necesidades educativas especiais narra en primeira persoa, coa axuda das súas profes, o traballo diario que realiza. Parabéns polo blogue e polo voso traballo! Botádelle un vistazo, nel vese moi ven o día a día dos mestres de apoio e dos nosos alumnos e alumnas: buscando, compartindo, imaxinando e buceando na rede para que os pequenos e pequenas se motiven e aprendan.
O outro premio é o do premio Dardos que ven do blog ORIENTACIÓN EDUCATIVA E TITORÍA de Susana Vila. Pasade por alí, ten miles de interesantes recursos, e tampouco vos perdades o seu outro blog RECANTOS DA AULA . Moitiiiisimas grazas Susana!
Eu coma sempre e seguido a miña liña un pouco sosa (hai que recoñecelo...) compártoos con todos os que visitades o blog.
GRAZAS CON MAIÚSCULAS!
Noraboa polos premios. Un biquiño.
ResponderEliminarNoraboa polos premios, Patri. Creo que a tí pásache coma min con estas cousas...jeje. ¡¡Unha aperta!!
ResponderEliminarParabéns polos premios e dende o blogue Audición e Linguaxe (Ceip de Seixo-Marín) tes un novo agasallo: premio Liebster.
ResponderEliminarhttp://maestraalseixo.blogspot.com.es/2012/05/premio-liebster-blog.html