Seguindo na liña da Psicoloxía Positiva buscamos boas noticias nos xornais para facer as seguintes pombiñas da paz:
A idea está sacada do blog de EDUCAR, PEGAR, VOLAR de Pritt, picade na imaxe para ir ao blog! Moi interesante e con cousiñas fáciles e creativas!
Tamén seguimos os consellos do Seminario Galego de Educación para a Paz e da FundiPau ou Fundició per la Pau que propoñían as seguintes actividades.
Unha delas era a concienciación para a non fabricación de armas nucleares. A partir dunha bomba nuclear os nenos e nenas buscaron e imaxinaron todo o que podía ser menos unha arma: unha gravata, unha ambulancia, un floreiro, un caramelo, unha afía, un cohete, unha nena, un zeppelin, unha Coca-Cola, unha botella de champán...
Despois durante estes días visionamos as seguintes curtas animadas e tentamos razoar que querían dicir. Se tedes un momento son moi, moi recomendables! Falan sobre o diálogo, a resolición pacífica de conflitos, e como non, dos males da guerra e as súas consecuencias. Aos meus rapaces encantáronlles!
O grupo de persoas que formamos parte do Seminario Tic do meu cole fixemos un muro colaborativo da paz onde poderedes atopar estas e outras actividades interesantes tanto de tipo musical como con manualidades ou poemas. Podedes velo picando AQUÍ.
Déixovos tamén a nosa frase do festival:
Tamén fixemos un crebacabezas con cubos (os soportes son as caixas dos folios)
Estas dúas últimas son ideas do equipo de extraescolares do centro.
Aos que visitades o blog déixovos un dispensador de sorrisos, o primeiro paso para a paz, pero sobre todo para ser feliz! Pois iso, feliz día da paz!
Cantas cousiñas para fomentar a paz! Celebrástelo por todo o alto. Bicos.
ResponderEliminarSi a paz é moi necesaria... hay que traballala moito e ainda así.... apuuuffff... ;) Saudiños!!!
ResponderEliminarQue boísima forma de traballar a paz! Gustoume todo. As pombiñas (case, case coincidimos, eran a miña segunda opción ji ji), as pezas co puzle, o puzle coas caixas, os curtos,... Unha aperta.
ResponderEliminar¡¡Un traballo estupendo para celebrar o Día da Paz!! ¡¡Noraboa e felicitacións!!
ResponderEliminarGrazas Ana!! As vosas quedaron moi chulas tamén! Para o ano seguinte xa chas copio!! jeje! Bicoooos!
ResponderEliminarGrazas Dolores! Estou á espera das vosas obras de arte de libros Lim! ;))
ResponderEliminar