Este curso propúxenme traballar por competencias, ou polo menos intentalo... Neste caso elexín un mapa de A Laracha para que o entorno do que faláramos fose coñecido.
Por outra banda, tamén quería que os nenos e nenas de 4º da miña clase aprendan a pensar e a razoar, por iso, decidín que as preguntas que lles ía facer sobre ese mapa deberían levar consigo INFERENCIAS e non so localización de datos. Teño que recoñecer que lles foi difícil pero tamén teño a esperanza que a próxima vez que se enfrenten a unha tarefa deste tipo xa non teñan tantos problemas!
Tentei relacionar os contidos dos temas 6 dos libros de SM: ecosistemas, dar opinións e resolución de problemas (entre outros)
Para aprender a dar opinións dende o respeto ensineilles as seguintes imaxes que están sacadas do blog ACTILUDIS, e que unen a tarefa coas ilusións ópticas e a linguaxe plástica.
Se nos damos conta haberá quen diga que o que se ve é un rato, outros dirán que o que se ve é un gato. Calquera deles terá razón.
Afondando no tema de aprender a convivir, as hablilidades sociais e a ser asertivo pero con empatía (defender con argumentos a túa opinión tendo en conta a dos demais) usei tamén os seguintes dilemas morais que atopei na rede e que deixo traducidos ao galego. Todos participamos utilizando: "EU CREO QUE....", "EU OPINO QUE..." Por suposto todos tiveron razón, so é cuestión de perspectivas.
Destacar que para experimentar tamén outros tipos de avaliación fíxémola a través dunha RÚBRICA que podedes atopar na última páxina da tarefa. Non sei como fixeron pero todos sacaron unhas notazas... jeje!
Pois isto foi todo! Seguiremos experimentando se o SR. Don Libro de Texto nos deixa. Que estrés!!!!
Patricia, como non ían sacar unha nota de sobresaínte con tan bos recursos! Competencias básicas, traballo de habilidades sociais… E todo iso relacionado e superando a Sr. Don Libro de Texto. Con toda seguridade, que o teu esforzo e creatividade paga a pena!
ResponderEliminarIso espero! Grazas polas túas palabras Dolores! Saudiños!
ResponderEliminarEncántame a túa forma de traballar, Patri. Uns recursos fenomenais e un traballo estupendo mil veces mellor que o de calquera libro de texto :). Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas Ana! Eu digo o mesmo! Encántame como traballas! Teño boa inspiración! jeje! Saudiños!
ResponderEliminarTe he dejado un premio en mi blog, otro más, jeje. Espero que te guste... aunque no sea tan importante como otros. Bicos
ResponderEliminarhttp://laclasedelpayaso.blogspot.com.es/2014/01/premio-bloguero.html
Ohhhhhh!!! Gracias!!! Que ilusión!!! Que tonta eres!! Los premios que importan son los pequeños, los que te da la gente con el corazón... jeje!! No encontré donde dejarte un comentario en el blog... igual no vi bien!! GRACIAAAAAS OTRA VEZ!
ResponderEliminar