domingo, 26 de mayo de 2013

RESUMO DAS II XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

Inauguradas as II Xornadas polas autoridades competentes comezamos as ponencias do venres pola tarde a miña compañeira do ano pasado no Ceip Francisco Vales Villamarín, Lucía, do blog LA CLASE DEL PAYASO (que vos animo a visitar) e máis eu.


A continuación podedes ver nosa presentación, está baseada na técnica de creación de historias de Mario Ayer, do blog CONTOMUNDI.


Seguindo coa temática dos contos repartimos ao final de todo varitas e pocións máxicas para a inclusión. Aquí volas deixo por se queredes practicar! :)




Depois chegou Javier Bahon, unha das mellores charlas que escoitei na miña vida. Inolvidable! Aprendimos, rimos e choramos (de risa e de emoción). As intelixencias múltiples era o tema central: enlaces químicos explicados de forma visual e musical, arte co corpo... Foi unha ponencia maxistral  . Deixo un vídeo que atopei en You tube, pero se tedes ocasión de velo en directo non a perdades! Hora e media escoitándoo que pasaron coma cinco minutos.


Rematamos o venres con máis contos e máis sonrisas da man de Paula Carballeira.

O sábado pola mañá, cargados de enerxía positiva, falamos de inclusión educativa con Ángeles Parrilla. Na seguinte hora reunimonos nos talleres, eu fun ao das TIC (había dúbidas?), esta vez relacionadas coa estimulación multisensorial, as tecnoloxías de baixo custe e as aulas móviles. Moi boas ideas! Aquí vos deixo o enlace ao SITES dos compañeiros de CEE Nosa Señora de Lourdes da Coruña.

Pola tarde tivemos experiencias con traballos por proxectos da man de César Gómez Cabanas. 
Persoalmente recoméndovos a miña presentación de cabeceira.


Nestas xornadas tamén houbo lugar para o ocio coa visita guiada polo casco histórico de Betanzos e o concerto de Jazz .

O domingo pola mañá un pouco máis de innovación metodolóxica co COLEGO  da man de Pablo Rodríguez, as orientadoras na súa mesa redonda, e a última charla cos rapaces e rapazas que viviron e viven nas súas propias carnes o sistema educativo. Vaia lección de vida que nos diron! Estiveron dirixidos, de forma maxistral, por Xosé Tomás. 
Por último o LIPDUB do Colexio Francisco Vales Villamarín no que hai escolarizados preto de mil alumnos. Un exemplo de que con voluntad e gañas, xuntos podemos.

 Déixovos o resumo das Xornadas que fixo a miña compi-mestra de AL-amiga-copresentadora Lucía. Nel podedes ver imaxes, o noso  conto pola inclusión e o lipdub, entre outras cousas.

Sen dúbida, e como parte da organización, unha experiencia inolvidable! MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS! Como digo sempre, cada día que pasa, e con experiencias coma esta, o único que consigo é ter as ideas máis claras e volverme cada día máis terca. ;) 
I-N-C-L-U-S-I-Ó-N

6 comentarios:

  1. Muy buena entrada. Me la copio yo también.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Me encanta! Me lo copio, jeje.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. ESpero que para o ano as volvades a facer a ver si a terceira vai a vencida e podo ir a elas. Vexo que me perdín un montón de boísimas cousas. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Mil grazas a vós, a ti e máis a Lucía polo resumo das tremendísimas xornadas. Pena non poder asistir e grazas de novo por deixar ver un pouco de algo tan bo. Encántame a Porción máxica da Inclusión! Impórtavos se cambio o tipo de letra para que o poidan ler todas as meigas do mundo mundial? Ler, ou escoitar ou... ulir un día e máis outro ata caer no pote, como Obelix e así levala posta...

    ResponderEliminar
  5. Saúdos Ana!! Esperámoste cos brazos abertos!

    ResponderEliminar
  6. Ola Ermi! Claro que podes! A letra é esa porque trátase da tipografía Anna Vives (unha nena con Sindrome de Down) por iso a escollimos. Pero se do que se trata e de facer bruxas e bruxos inclusivos non hai problema. Iso de caer no pote tamén é unha boa idea! Saúdos!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...