martes, 28 de mayo de 2013

INTELIXENCIA EMOCIONAL: EMPATÍA.

   Desta volta, seguindo coa temática dos contos populares, nas sesións da linguaxe de Educación Infantil, aprendemos a poñernos no lugar do outro, ou o que é o mesmo: a EMPATÍA.


   A idea xorde cando vexo na rede, por casualidade, o seguinte proxecto: TODOS LEVAMOS UN FEO DENTRO. A fotógrafa lituana Rut Mackel, no seu traballo THE UGLY TRUTH retrata a xente normal desfigurada polo efecto dun cristal co que parece mostrarnos que nada é o que parece e todo depende da perspectiva dende a que a mires. Un é guapo e feo porque, para quen e onde?

   Nesta sociedade actual onde o culto ao corpo e a un tipo de beleza aparece a todas horas, sobre todo, en anuncios de publicidade e programas de televisión, ocurréuseme a idea de poñernos na pel dos "FEOS", é claro, non hai animal máis feo, máis feo, máis feo, e máis estigmatizado por iso que o PATIÑO FEO!

Ilustración do conto "El patito feo" ,
Color: Eunice Espinoza. Debuxo: Cristian Chiroque

Así que nas sesións de infantil emulamos ao famoso parrulo de Hans Christian Andersen poñendo caras feas por solidariedade, e con elo contribuimos a traballar a motricidade facial e as praxias bucofonatorias, coas cales, preparamos de forma indirecta a musculatura facial para realizar uns patróns correctos de fala. 

Tratei de unir nunha soa tarefa: a competencia social e cidadá, a dixital, a artística e a lingüística baixo o título: SOMOS SOLIDARIOS E FEOS, FEOS, FEOS... COMO O PARRULO FEO! Ensínovos o resultado, pero para velo deberedes visitar a páxina web do cole de Oza dos Ríos  picando AQUÍ.

Tamén me pareceu interesante (se non é para este ano, pois para o que ven) esta actividade sobre o libro "LA FEA DURMIENTE" de Yanitzia Canetti que vin no blog LIBROS PARA NIÑOS Y NIÑAS. (Non o lin, pero xa o título ten boa pinta!)

4 comentarios:

  1. Un traballo fenomenal, Patricia. Gústame!!!!!! Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Te he dejado una pequeña sorpresa en mi espacio. Pasa a recogerlo cuando quieras... un saludo http://renacuajosinfantil.blogspot.com.es/2013/05/premio.html

    ResponderEliminar
  3. Feos, feos non son! Son diferentes!.
    Encántame a idea. Bicos

    ResponderEliminar
  4. Xenial!!! Antes de rematar o curso intentarei traballar, seguindo os teus pasos, este fundamental valor (a empatía) nas miñas clases de Educación para a Cidadanía. Para eles a estética e o físico é moi importante. É que están na idade do pavo! Un saúdo.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...