lunes, 30 de mayo de 2016

CONTOS XEOLOCALIZADOS

Durante o primeiro trimestre e boa parte deste curso estivemos traballando o texto literario, o conto, seguindo a estrutura de planificación de Myriam Nemirovsky. Levamos a cabo unha secuencia didáctica completa onde se traballaron tanto as propiedades do texto como do sistema de escritura.

Para crear uns produtos finais de calidade seguimos o proceso de creación literaria que propón Cassany e que leva consigo varias fases: xerar ideas, organizalas, elaborar borradores e mellorar eses borradores (revisar primeiro fondo e despois forma)
Enlace da diapositiva: http://slideplayer.es/slide/3063937/ 

O resultado final foron cinco álbumes ilustrados que limos ante as familias o Día do Libro.


Na biblio do centro temos unha proposta de proxecto chamada "COÑECENDO OUTES" pola cal imos, pouco a pouco, descubrindo as peculiaridades da contorna máis próxima. As historias que os nenos e nenas inventaron están baseadas en lugares de Outes, por iso, elaboramos entre todos este mapa feito con My Maps onde se localizan de forma sinxela. Se picades nos globos podedes ler os contos e ver os lugares. Os fondos dos libros son fotos reais que mandaron as familias ás que lles agradezo enormemente a súa implicación.



Todo este traballo forma parte do Seminario do que formei parte e que ten por título "Novas metodoloxías en Infantil e Primaria" que vimos de rematar . Levo aprendido moitísimo grazas a unhas compañeiras e compañeiros estupendos que saben un montón de textos e o comparten e que ademais, se mostran motivados na súa profesión, que xa non é pouco nestes tempos que corren! Mil grazas para eles!

Desta tarefa xurdiron outras relacionadas co texto informativo (noticias e entrevistas) e a biografía pois visitounos unha escritora de contos portuguesa afincada na zona, pero isto... ensínovolo noutra entrada!

1 comentario:

  1. Que gran trabalo fixeron! Desexando ver como traballáchedes as entrevistas. Un bico.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...