jueves, 5 de mayo de 2016

OUTIENSES: PEPA NIETO. ARTE E MATEMÁTICAS.

Aquí vos deixo, por se alguén lle pode interesar, a nosa tarefa de recreación da obra de Pepa Nieto unha outiense de renome afincada en Madrid que destaca pola súa obra escultórica e como poetisa.
Primeiro limos a súa biografía, despois fixemos o seu retrato a partir da foto. Seguidamene observamos e  debatimos o significado da súa obra e, para rematar, fixemos as nosas propias esculturas utilizando figuras xeométricas como ela.
No seguinte dossier podedes atopar o resultado final e tamén a relación de estándares que se traballan nesta actividade así como as súas correspondetes rúbricas de avaliación.
Seguimos coñecendo Outes!
En breve, trípticos informativos e análise de gráficos poboacionais. ;)

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...