martes, 15 de noviembre de 2016

NOVO COLE, NOVO CURSO, NOVO HORARIO, NOVA ORGANIZACIÓN DA AULA

Ola a todos e todas!
Levo un tempo sen escribir no blog, non por gañas pero é que xa sabedes como vai isto dos cambios de centro... unha locura!
Este ano "debuto" no CEIP "Vicente Otero Valcárcel" de Carral (A Coruña) como titora dun grupo de primeiro. Decidín comezar cos pequenos e pequenas xa que aínda que me dan moito traballo tamén me dan moitas sitisfaccións persoais. Ademais non están tan institucionalizados e comezar a traballar con eles a partir doutras metodoloxías resúltame máis fácil, así que aí estamos, intentando afianzar o traballo por proxectos, por rincóns, con rutinas...
Nesta entrada vouvos contar como temos organizado o horario para poder traballar así e con libros de texto (xa estaban establecidos pero non creo que nos duren moito, polo menos nas linguas)
Pois ben, a primeira hora seguimos una serie de rutinas cos encargados/as (son dous). Primeiro poñemos a data en minúsculas (así aprendemos as novas grafías) en galego e castelán e miramos quen falta na clase e cantos somos ese día, entre outras cousas. Algúns dos carteis que utilizamos son os seguintes:



Estes carteis foron vistos no blog MENTA MÁS CHOCOLATE

Unha vez temos esto feito anotamos no calendario o día, nunha plantilla en blanco que imos cubrindo con rotuladores tipo Veleda (pódense borrar), anotamos tamén o tempo que fai cun debuxo e a temperatura que buscamos en Internet. Con estes datos, unha vez ao mes elaboramos gráficas de barras e de liñas que despois comentamos entre todos. Aquí tedes o exemplo de Setembro.



A continuación traballamos cada día un aspecto matemático a través de difrentes xogos: o luns reloxo, o martes medimos, o mércores utilizamos os números, o xoves pesamos e o venres facemos cambios cos cartos.

Ao longo da mañá imos traballando nos libros de texto ata a hora de ler onde, normalmente, lemos textos relacionados co proxecto, neste caso "Os cans". Aquí vos deixo unhas fotos do noso rincón de proxecto aínda que deste xa vos falarei noutra entrada.



No noso nivel somos dúas clases, 1º A e 1º B, as titoras facemos apoio dúas horas á semana unha na clase da outra, aproveitamos nestes momentos para facer rincóns en grupos heteroxéneos, pois así podemos atender mellor ás necesidades que van xurdindo. Cada día hai cinco rincóns polos que os cinco grupos van pasando ao longo da semana (na miña aula somos 23 nenos e nenas). A continuación déixovos unhas fotos das actividades que facemos. Aproveitamos tamén estes momentos para o apoio de PT, ainda que hai outras horas nas que as profes do Departamento de Orientación nos veñen a axudar na aula. Destacar que sempre gardamos uns minutos finais para facer valoracións e comentar como lles foi, que dificultades atoparon e como as solucionaron. A partir delas poñemos caras alegres, tristes ou regulares como avaliación do seu propio traballo, para que sexan caras felices deberán cumplir uns requisitos: acabar as tarefas, que estas estén ben, non ter conflitos graves e/ou non solucionalos, controlar o tempo e axudar aos compañeiros.

- Rincón científico. Buscamos información nos libros, facemos as actividades dos libros de texto, clasificamos follas do outono...



- Rincón matemático. Creamos decenas con palillos, traballamos as simetrías con follas do outono, utilizamos a máquina de sumar, facemos os complementarios do dez con cartas de Póker... 




- Rincón das Tic. Utilizamos moitos xogos on line e agora estamos ensinándolles a buscar imaxes en Internet e pegalas nun procesador de textos.


- Rincón literario. Traballamos as grafías das letras, creamos palabras do campo semántico do outono, escribimos sobre os cans (esta tarefa forma parte de outra máis complexa que tamén xa vos contarei noutro post e que ten que ver coa tipoloxía textual das DESCRICIÓNS)




- Rincón artístico. Experimentamos con grafismos, texturas, recreamos cadros de Arcimboldo...



Pois isto é todo por agora! Temos moitos proxectos e moitas gañas de contárvolos pero iso será noutro momento... ;) 
E unha última apreciación... E vos? Como o facedes? Somos todo oídos... :) 

3 comentarios:

  1. Tes todo moi ben organizado, Patricia. Deséxote moita sorte no novo cole. Unha aperta e boa finde.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias por compartir o teu entusiasmo e forma de traballar!

    ResponderEliminar
  3. Grazas a ti polo comentario, os ánimos axudan a non tirar a toalla... ;)

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...