martes, 27 de marzo de 2012

CELEBRACIÓNS CO GALLO DO 2 DE ABRIL


Dende o primeiro ciclo do CEIP VALES VILLAMARÍN (do que son coordinadora), coa colaboración do Departamento de Orientación, unímonos á celebración do 2 de Abril, día Mundial da Concienciación do Autismo.
Estas son algunhas das nosas ideas:
- Propoñemos a todos os que queiran que veñan vestidos de azul ou con algo azul o venres día 30 seguindo a iniciativa que propoñen as asociación de nais e pais de persoas con autismo.


E porqué esta cor?  Pois porque o azul pode ser unha cor tranquila e relaxante se é azul claro, pero se é azul oscuro pode ser a cor da tormenta. Esta é unha metáfora das vidas das persoas con autismo e dos que as rodean. Unhas veces son felices porque as cousas van saindo ben pero outras veces están tristes e preocupados porque xurden problemas de difícil solución, as cousas non son fáciles para eles. 
Algunhas das actividades que temos programadas son contar o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier, que nos servirá como guía para entender as dificultades ás que se enfrentan estas persoas e todas aquelas ás que o seu "cazo" as fai diferentes.


                         

Tameén imos ler por clases e despois no patio todos xuntos o seguinte manifesto que está baseado nos puntos de Riviére: que nos pediría un autista e no material que a asociación Bata de Vilagarcía de Arousa ten na rede. Con isto pretendemos desmitificar o que se di das persoas con autismo: que non son cariñosas, que viven no seu mundo...Animamos a toda a comunidade educativa a lelo para entender mellor como pensan, como sinten e como se relacionan estes nenos e nenas e así acadar unha plena inclusión educativa que nos libere de medos e prexuizos.
Por último, cantaremos a canción que xa se está convertindo nun himno "Mensajes del agua" de Macaco axitando globos azuis e tamén multicolor.
.

Tamén deixo aquí os nosos humildes carteis-puzzles por se alguén lle puideran servir para algo, por certo que as imaxes están sacadas da rede e van ser usadas con fins puramente educativos, se alguén quere que as retire non ten máis que decilo.





Un día movidiño en prol da igualdade entre as persoas e o seu dereito a ser diferentes.

 NO VALES, VALEMOS TODOS!

3 comentarios:

  1. Magnífica iniciativa, Patri, gústame todo o que ides facer, o conto, o manifesto , os carteis,... Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme unha iniciativa estupenda,Patri. Tanto o Manifesto coma Soy un niño con TGD proporcionan unha boa información e tamén me gustan moito os carteis, no dos globos as mensaxes son moi claras e directas ¡Un traballo fantástico! Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Mooitiiisimas grazas chicas!!! A ver que tal sae todo porque nun cole taaaaaaan grande todo o que fas é unha odisea!!! (que conste que amin gústame a marcha, jeje!) Xa vos ensinarei imaxes! Bicos!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...