domingo, 8 de abril de 2012

I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE EN BETANZOS

ALÍ ESTAREMOS! (Entre bambalinas, inaugurando as xornadas, e como unha espectadora máis,  escoitando todo o que nos teñen que dicir...) Definitivamente este ano está a ser moi fructífero!


 Os días 13 e 14 de abril iniciaremos unha andadura que pretende resulte de interese tanto para os/as profesionais da educación, como para as familias, en xeral.
            Nesta xornada que abrangue tódolos tramos educativos, ademais da formación e as aplicacións prácticas, abordaranse aspectos tan importantes como a sensibilización na aceptación da diferenza non como un problema, senón como un valor e, en última instancia, un reto. Asemade, é un propósito fundamental desta XORNADA o inicio dun camiño de colaboración, de protocolización, e de asunción de dinámicas cooperativas entre os diferentes centros educativos: colaboración entre os centros que imparten Educación Infantil, Primaria e Secundaria, posto que as individualidades e necesidades específicas do alumnado han de ser atendidas en todos os tramos educativos.
            Para iso contaremos con profesionais de recoñecido prestixio dentro do campo da Atención á Diversidade

         PARA VER O PROGRAMA PINCHADE AQUÍ.
                   
Por tal motivo convidámolos/as a participar activamente desta acción formativa

COMO INSCRIBIRSE: 
  • DOCENTES DO ENSINO PUBLICO:   No   programa FPROFE,  na  web  da  Consellería de Educación (creo que xa non quedan prazas) www.edu.xunta.es/fprofe           
  
   Dirixido a:  Persoas interesadas, en xeral, e docentes, en particular
   Prazas limitadas: As solicitudes atenderanse por orden de inscrición
   Data límite inscrición:  11 de abril de 2012


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...