A organización da clase é a seguinte, cada día hai dous encargados e antes de comezar co "dichoso libro" facemos unhas actividade xerais:
O luns: Cálculo mental.
O martes: Medimos e pesamos.
O mércores: Reloxo.
O xoves: Números.
Os venres: Cartos.
Para repasar estes contidos utilizamos as seguintes ideas.
1. Pintamos os números no chan (están feitos con ironfix) e así, a través do movemento, intentamos mellorar o cálculo. Ademais utilizamos tanto a intelixencia lingüística, como a espacial e quinestésica. Polo menos durante un ratiño, despegamos os cus das sillas!
1. Pintamos os números no chan (están feitos con ironfix) e así, a través do movemento, intentamos mellorar o cálculo. Ademais utilizamos tanto a intelixencia lingüística, como a espacial e quinestésica. Polo menos durante un ratiño, despegamos os cus das sillas!
Aquí podedes ver os números do 1 ao 20.
Esta idea está sacada do seguinte enlace visto en PINTEREST.
2. Os números maior e menor aprendímolos cos seguites crocodilos pegados na pizarra:
Tamén temos fichas plastificadas nas que pintamos cos rotuladores da pizarra Veleda cos mesmos crocodilos.
3. "Tuneamos" o reloxo para entendelo un pouco mellor:
E fixemos uns puzzles coas horas de modo "casero".
4. Temos os amigos do 10 pegados na porta. Non vaia aser que se nos olviden!
5. Fixemos unidades, decenas e ata centenas con tapas de botes que trouxeron da casa e garavanzos.
A ver se así pouco a pouco nos facemos coas mates!
Todas estas ideas, como vos dicía ao principio, saqueinas, sobre todo, de PINTEREST. Déixovos AQUÍ o enlace á taboleiro por se vos fora do voso interese.
Que boisima forma de traballar as mates, Patri! Así facía eu cos meus do outro cole. Eran sobre todo manipulativas. Unha aperta.
ResponderEliminarMe encanta! Te copio el cartel de amigos del 10... me parece idea estupenda!! y yo también compre las barajas je je!
ResponderEliminarMotas grazas chicas! Canto máis pequenos son os nenos e nenas máis teñen que tocar e experimentar ou non che fan nin caso! jeje! Alégrome que vos gustara e que vos servira! Bicos!
ResponderEliminar