O prometido é débeda! Aquí vos deixo a presentación das III Xornadas de Atención á Diversidade de Betanzos.
Teño resaca postxornadas! De verdade! Grazas polos vosos ánimos e por atenderme pacientemente! Dádesme ás para seguir e para non decaer no intento dunha escola diferente e de calidade. Cada palabra de ánimo cárgame as pilas de enerxía para varios meses.
Tamén, para os que non o coñeciades, déixovos o conto de Frederick, o ratiño que recolle palabras e raios de sol."FREDERICKA" é o apodo cariñoso que me puxo a miña amiga e compañeira de andanzas e aventuras, Lucía Ruiz (La clase del Payaso) , e por certo, co que me sinto plenamente identificada. Eu non son poeta pero si son utópica, e esa utopía é a que me mostra unha luz no final do camiño. Non a atoparei nunca, iso xa o sei, pero tal vez a miña meta non sexa atrapala, senon simplemente perseguila.
E vénseme á cabeza.... que sería do Coyote se atrapara ao Correcaminos?
:)
E vénseme á cabeza.... que sería do Coyote se atrapara ao Correcaminos?
:)
Quedeime con moita pena de non poder falar máis tempo con moitos de vós, pero son momentos de nervios e despois tiña que facer outra presentación así que tiven que sair pitando! Por favor, se alguén quere poñerse en contacto comigo para calquera cousa, non dubidedes en facelo a través dos comentarios do blog ou do correo: patriciapenabarbeito@gmail.com
As imaxes están sacadas da web con fins unicamente educativos, se alguén ten algún problema por esta publicación que mo diga que inmediatamente serán retiradas.
Que mágoa non poder ir! A ver se o ano que vén non me deixan na reserva :( Unha aperta.
ResponderEliminar