O sábado 8 de marzo celebrouse o Día da Mullere por iso imos traballar un pouquiño este lunes o tema da coeducación e a igualdade.
Xa estamos preparando un conto para o espazo de creación literaria do segundo programa de A NOSA RADIO NO PEDRAIO, é un conto con una superheroína moi especial! Xa volos ensinaremos!
Tamén imos xogar a este xogo onde nenos e nenas, homes e mulleres, participan nas tarefas da casa.
E, por último, en educación artística, imos falar dunha muller pintora: Frida Kahlo. Intentaremos facer o seu retrato a partir deste titorial atopado en Art Proyects for Kids unha páxina moi boa onde podemos practicar o debuxo.
Pero antes coñeceremos un pouquiño da súa vida e obra visitando virtualmente a súa casa-museo. Picade na imaxe para ir a ela.
Unha boísima forma de traballar esta data, Patricia. Gárdome o titorial de como debuxar a Frida Kahlo. Unha aperta.
ResponderEliminar