sábado, 4 de enero de 2014

3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CAPACITADAS!

O día 3 de Decembro é o día das persoas con discapacidade, é dicir, o día das persoas con capacidades diferentes. Non tivera tempo de ensinarvos o que fixemos na nosa clase para "celebrar" este día.
Primeiro aprendimos o alfabeto dactilolóxico das persoas xordas.
Despois puxémonos na pel das persoas que teñen dificultades na visión pechando os ollos e imaxinando que somos co seguinte libro de Hervé Toullet, "JUEGO DE LEER A CIEGAS"


Favorecemos a creatividade e pensamos que somos xoaniñas, avións, flores, coches pola carretera, aguias, coches de Fórmula 1, persoas, coellos, cabras, serpes, golfiños...

Por último inventamos contos para un pulpo moi especial, un pulpo verde con so cinco tentáculos. Unha marioneta feita á man con esponxa e un guante negro.


Estes son algúns dos contos que xurdiron con este tema: 





Esperamos que vos gusten!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...