domingo, 1 de diciembre de 2013

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2012-2013

Onte saía publicada na web da Consellería a resolución provisional dos premios de boas prácticas de innovación educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o proxecto que hai detrás de este blog, e por ende eu e o cole de Oza dos Ríos ao que pertencía o ano pasado, resultamos premiados!


Estou feliz, emocionada e verdadeiramente orgullosa!

E como cando se recibe un premio o protocolo ensínanos que hai que facer os agradecementos oportunos eu tamén o vou facer, porque é de xustiza que se lle recoñeza o traballo e a paciencia a todos aqueles que me rodean de boas vibracións e cariño.
1. Agradezo profundamente a todos os seguidores do blog as súas visitas e os seus comentarios porque son o acicate que me fai intentar mellorar cada día. GRAZAS!
2. Agradezo infinitamente á miña familia, e sobre todo, ao meu marido, que entendan e comprendan que o meu traballo é a miña paixión, e aguanten estoicamente e sen dar nada a cambio que moitas veces esté nas nubes. O tempo que lle adico a esto quítollelo a eles, quérovos moito, sodes o meu exemplo. GRAZAS!
3. Agradézollo tamén aos meus amigos e amigas, a eses que soportan os meus rollos patateros sobre colexios e teorías da educación, aos que teñen que aguantar a miña narcolepsia e que nunca se enfadan se eu non estou. GRAZAS!
4. Agradézollo aos meus compañeiros de traballo, a todos os que "enredo" nas miñas loucuras, aos que me aguantan, e aínda máis aos que me acompañan nas miñas excentricidades. GRAZAS!
 5. E dedícollo a todos eses raros e raras que están nos coles fedellando e experimentando so para conseguir que os seus rapaces aprendan e que loitan porque esta sexa unha sociedade máis xusta, máis inclusiva e máis innovadora. GRAZAS!
6. Para rematar, e como non, dedícollo aos protagonistas do blog, aos meus nenos e nenas, a eses tolos baixiños que cos seus ollos de emoción e o seu ímpetu fan que me levante cada día con gañas de velos e de enfrentalos a novos retos por resolver. Teño a mellor profesión do mundo, aquela na que cando faltas tres días, recíbente cun abrazo.

Sen a comprensión e axuda de todos e todas as que me rodean, sen a convicción de que outra escola e outro mundo é posible se no lo propoñemos e traballamos por ela a pesar das adversidades, sen o ambiente de harmonía e cariño que me rodea e que me deixa estar tranquila e feliz, sen outras preocupacións máis que que mañá teño que ir ao colexio e traballar cos meus alumnos, sen todo isto, este premio non sería posible, e este traballo non sería posible.

UNHA VEZ MÁIS: GRAZAS! GRAZAS! GRAZAS!

PROPÓÑOVOS UN BRINDIS VIRTUAL CON TODOS VOS! 
CHIN-CHIN!

14 comentarios:

  1. NORABOA!!!!!!! Un premio máis que merecidísimo. Brindo contigo. Unha gran aperta!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Unha carta de agradecemento sincera e moi agradecida. Creo, que escrita co corazón. O último parágrafo emocionoume de xeito especial. Patricia, moitas felicidades polo premio e pola túa entrega e entusiasmo!!!!

    ResponderEliminar
  3. MERÉCELO!!! Iso e moito máis! Un bico!!

    ResponderEliminar
  4. Unha vez mais e sen cansarme nunca, grazas. E si, estes agradecementos saen do corazon, asugurovolo... jeje

    ResponderEliminar
  5. leerte llema d ilusion y de emocion;de ganas de contimuar porque hay gente q hace q valga la pena y porque nuestro trabajo con los peques merece la pena. un beso muuy gramde y mas felidades requetemerecidas!

    ResponderEliminar
  6. Chin chin! Brindo por ti. Porque te lo mereces; porque disfrutas con lo que haces y contagias a los demás de tu entusiasmo, a compañeros y a alumnos; porque siempre piensas en cómo hacer las cosas mejor, más divertidas y creativas ( a túa cabeza non para, jeje); porque eres una gran maestra y una mejor persona.
    Enhorabuena!

    ResponderEliminar
  7. Gracias chicas!! De verdad!!! Seguro que entre líneas os encontrasteis en la dedicatoria.. jeje!! Bicoooos!!!

    ResponderEliminar
  8. Parabéns Patricia!!!!!!! en nome de todo o CRA de Bergondo, onde tamén deixaches a túa pegada de profesionalidade.

    ResponderEliminar
  9. Moitas grazas Isa!!! Un bico para todas!!! Eu tampouco me olvido de vós!! Muaac!!

    ResponderEliminar
  10. ¡¡Felicitacións Patricia!! Noraboa polo premio, que é ben merecido. ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
  11. NORABOÍIIIIIIISIMA, Guapísima!!!!!
    Si señor, lle deron un premio a que ben o merece. Grazas polo teu traballo e polo teu sorriso. Milleiros de bicos!!!

    ResponderEliminar
  12. Graciñas ás miñas chicas do CRA!!! Muaaaac!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...