Los españoles son iguales ante la ley,
sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento,
raza, sexo, religión, opinión
o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.
Dío o sentido común...
Á vista dos datos publicados por numerosos medios sobre a violencia machista, as novas que aparecen todos os días na prensa e a percepción de que esta segue a ser unha lacra para a nosa sociedade, decidín facer unha actividade cos meus nenos e nenas este día. Escoitaremos a seguinte canción que xa coñeceredes porque xa a puxen algunha vez máis polo blog.
Faremos tamén as seguintes fichas que preparei para traballar valores. Están baseadas nas actividades que atopei nunha guía sobre coeducación e bo trato da Comunidade de Madrid. Na papelera tiraremos aquelas palabras que non valen a pena, e no corazón pegaremos aqueloutras que fagan referencia a valores que nos fan felices e que son positivos. Para descargar a guía podedes picar AQUÍ.
Imos facer tamén o noso propio vídeo-anuncio para pedir o fin da violencia e o maltrato dende un punto de vista máis amplo (non so dende unha perspectiva de xénero). Centrarémonos na gravación duns refráns moi populares:
"QUEN BEN TE QUERE, NON TE FARÁ SUFRIR"
"OS AMORES REÑIDOS, NON SON OS MÁIS QUERIDOS"
Unha das cousas e causas da violencia máis común son OS CIUMES, para falar sobre eles contaremos o seguinte conto da Editorial CEPE "HACER AMIGOS" onde unha nena quere que a súa amiga sexa so para ela e non compartila. Se xoga con outras rapazas ela enfádase.
Este libro forma parte dunha colección de contos máis ampla especialemte indicada para traballar con nenos e nenas aos que lles fantan habilidades sociais e con déficit de atención con hiperactividade. A min gústanme todos, o de "Helena y el camino azul" contéillelo o outro día e quedaron abraiados, agora todo é ¿Ti que camiño queres escoller? Picade na imaxe se queredes saber algo máis sobre eles.
Moi boa entrada, Patricia. Gústame o conto que recomendas. Un bico.
ResponderEliminarGrazas Ana!!!
ResponderEliminarEncantoume a actividade da papeleira e o corazón. A súa sinxeleza e claridade axudounos moito para debater e centrar o problema e as súas raíces. Traballeina en educación para a cidadanía e o resultado foi fantástico. Boísimos os refráns. Patricia, moitas grazas!
ResponderEliminarGrazas a ti Dolores! Alégrome de que che servira! A verdade e que aos meus tamén lles resultou fácil, entedérono moi ben. Saudiños!
ResponderEliminar