Usamos as TIC e facemos un traballo cooperativo e de investigación a través da seguinte webquest. Traballamos en grupo con diferentes roles: informático, portavoz, secretario e axudante. Ao final todo termina cun debuxo feito entre todos e cunha explicación oral do mecanismo da dixestión por parte do portavoz do grupo.
Os agrupamentos foron feitos seguindo a técnica que vin no blog JUSTIFICA TU RESPUESTA.Tan fácil como:
Aquí vos deixo a WEBQUEST, picade na imaxe para ir a ela:
Patricia, xa sabemos que cooperar é colaborar uns con outros para conseguir un mesmo fin. Deben comprender que uns dependemos doutros e se fai necesario aprender a axudar, a traballar en equipo, así como a desenvolver esa parte da intelixencia emocional que nos fai poñernos na pel do outro, adiviñar as súas necesidades e saber resolver os conflitos de xeito pacífico.
ResponderEliminarEste curso propóñome facer dinámicas que facilitan a interacción positiva entre os alumnos a través do traballo cooperativo. O noso claustro está facendo un curso O PROGRAMA CA/AC ("Cooperar para aprender/ Aprender a cooperar) da Universidade de Vic. Patricia, encántame a túa proposta!
Moitas grazas Dolores! Eu son autodidacta... Fago o que podo e o que vou atopando por aí, pero síntome ainda "novata" neste tema. Grazas polas túas palabras! Que boa pinta ten ese curso, e que boa pinta ten que todo o claustro o esté a facer! Saludiños!
ResponderEliminarA webquest quedoute fenomenal pero o que máis me gusta é a idea do traballo colaborativo. Cos meus nenos é moi difícil conseguir que fagan algo en común. Un bico.
ResponderEliminarXa me imaxino, pero bueno, cos meus non te creas que é fácil... sudo! jeje! Pero val a pena intentalo! Saudiños Ana!
ResponderEliminar