miércoles, 30 de octubre de 2013

CURTAS EN GALEGO, BRINCALETRAS E OUTRAS ACTIVIDADES POLO SAMAÍN

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do cole (do que formo parte) propuxemos estas actividades para o día de hoxe en PRIMARIA. Primeiro limos o libro e vimos a curta  de "A Bruxa Regañadentes" da editorial OQO. .


Entre todos os membros do equipo elaboramos estes BRINCALETRAS para traballar o vocabulario do conto nos cursos máis altos (picade nas imaxes para ir a eles)




Tamén fixemos as sopas de letras que están na páxina web do cole e ás que podedes acceder picando AQUÍ.

O conto elexido para INFANTIL foi "Fiz, o coleccionista de medos", da mesma editorial.


Deste conto tamén se elaborou un sinxelo libro LIM ao que podedes acceder picando na imaxe.


Que pasedes uns bos e descansados días de Samaín!

3 comentarios:

  1. Unhas actividades estupendas, de seguro que o pasaron xenial. GRaciñas por compartir. Un bico

    ResponderEliminar
  2. ¡Menuda coincidencia, ja ja! Eu son a coordinadora de Dinamización Linguistica no meu cole e hoxe tamén lles puxen A bruxa regañadentes e Fiz o coleccionista de medos. O luns aproveitarei o voso lim sobre o conto. Moitísimas grazas por compartirl. Disfruta dunha merecidísima ponte e Feliz Samaín!!!!!! Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Graxas a vos polas vosas palabras! Que coincidencia! Pleno! jajaja! O noso Lim é modesto, non é como os teus, pero non sabes canto me alegro de que che sirva, polo menos devolvémosche unha pequerrechiña parte do que ti nos aportas cada día! Se souperas canto traballiño me tes aforrado... jeje! Saudiños!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...