A nosa clase é un entorno multicultural pois hai nenos e nenas que proceden doutros países e, polo tanto, doutras culturas, pero nela convivimos todos con harmonía (ou eso intentamos...).
Neste tema 2 de galego uns dos exercicios que se nos propoñían tiña que ver coas cantigas populares galegas. Este tema serviunos para coñecer as nosas tradicións e tamén a dos nenos e nenas que teñen outras diferentes.
Aquí vos deixo as cantigas escaneadas, se vos fixades unha delas está escrita en árabe. Houbo quen se atreveu a cantala entre eles a propietaria desta canción de exaltación de Marrocos. Se queredes velos recitar e cantar picade na imaxe do noso blog de aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario