O 29 de setembro celébrase o día das persoas xordas.
Na clase de 4º C imos traballar este tema dende diferentes perspectivas. Intentaremos coñecer un pouco máis sobre as persoas que non poden oir. Para todo isto imos mesturar literatura, (dis)CAPACIDADE, valores e pintura.

A ver que sae de todo isto!
Primeiro contareilles o conto de "COSITA LINDA" de Antony Browne, aquí volo deixo en vídeo. Nos temos o conto de verdade! Por cortesía de Lucía Ruiz do blog LA CLASE DEL PAYASO. Falaremos neste caso da amizade e de linguaxe de signos.
Este tema será o punto de partida para as vindeiras clases de educación plástica e visual. O punto de partida e o punto en si mesmo porque en plástica o punto é a unidade mínima de información visual. O punto é, tamén, o protagonista do seguinte vídeo que pretende fomentar a creatividade... Preparados para crear sen medo!
Para que saiban mellor de que vai a técnica pictórica do puntillismo veremos o seguinte Prezi que atopei na rede de Christian Villaroel.
Seguindo unha idea orixinal do equipo de infantil do CEIP VALES VILLAMARÍN uniremos arte e disCAPACIDADE.
Hai algúns artistas famosos que tiveron problemas de oído como a Bethoven (músico) ou Goya (pintor). Pero se hai unha orella famosa na historia esa é A ORELLA DE VAN GOGH (que incluso da nome a un grupo de música pop española). Vincent Van Gogh é un famoso pintor que utilizou o puntillismo e ao que lle faltaba o lóbulo da orella.

Para saber máis sobre a súa vida e porque lle faltaba imos ver o seguinte vídeo.
Este é Van Gogh. Se vos fixades ben no seu autorretrato está utilizando a técnica puntillista.
Animaranse a crear crear as súas propias obras PUNTILLISTAS? Seguro que si! (Xa volas ensinaremos!)
E AGORA... VOLVEMOS AO PRINCIPIO... XORDEIRA E ARTE TEÑEN ALGO EN COMÚN? Pois claro que si! Hai grandes artistas xordos, algúns incluso músicos!
Gustariame rematar esta entrada cunha frase que lin pola rede:"AS PERSOAS XORDAS PODEN FACER DE TODO, MENOS OIR..."
Noraboa, Patricia, é unha entrada moi completa e que nos pode axudar a tod@s a colaborar e comprender ás persoas que poidan ten algún tipo de discapacidade, que de ningún xeito se pode converter nun obstáculo. Un bico.
ResponderEliminarNon coñecía o conto de "Cosita linda" apúntoo para ter a man. Grazas por compartir. Un saúdo
ResponderEliminarCompletiña entrada! Valores, literatura, pintura e moita creatividade. Intentarei facerlle un oco na miña programación e realizar cos meus alumnos as diferentes tarefas. FELICIDADES!
ResponderEliminarUnha entrada fantástica, Patricia! Gústame todo: os recursos e sobretodo a forma de enfocala. Espero ver axiña as vosas obras de arte. Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas a todas polos vosos comentarios! Cando nos íamos para a casa acercouse un pequeno da miña clase que non para quieto e díxome en lingua de signos: Profe; yo quiero un amigo... So por eso xa valeu a pena!!!! Que chula é a nosa profesión! jeje!!
ResponderEliminar