domingo, 8 de septiembre de 2013

O QUE SOÑACHE QUE PODÍAS FACER... DEBES COMEZALO...

Levo tempo dándolle voltas a como facer esta entrada... é difícil, a verdade...
No concurso de traslados díronme a primeira definitiva lonxe da casa, andiven permutando e permutando, pendiente de resolucións e, por fin, agora xa sei o que vai ser de min: SON A TITORA DO GRUPO 4ºC DO CEIP OTERO PEDRAYO DE A LARACHA. 
 Por fin a miña aula nun cole so! Deixo de ser o "panadeiro" (itinerante: dise do mestre que anda de aquí para alá e de alá para acolá). Paso do nomadismo ao sedentarismo pero... tamén deixo a miña especialidade e, ao fin e ao cabo, ser mestra de AL é o que mellor sei facer...
A continuación vou escribir  unha recopilación de boas intencións que teño para este curso, estes son os meus principios didácticos, e vounos escribir aquí para que nunca, nunca, nunca se me olviden!

 PROPÓSITOS PARA O NOVO CURSO:

- Facer un blog de aula.
- Organizar a aula por rincóns.
- Traballar por proxectos e por tarefas.
- Facer talleres de expresión escrita. 
- Usar os recursos TIC.
- Implicar e pedir colaboración ás familias.
- Aprendizaxe cooperativa e intelixencia emocional. .
- INCLUSIÓN! As necesidades educativas especiais témolas todos e todas nalgún momento.  
- Ensinar tendo en conta as intelixencias múltiples, impulsando a creatividade e usando todos os recursos didácticos posibles: cine, ciencia, arte...
- Non perder a ilusión.

Internet vai botar fume!

Preguntarédesvos... e que vai ser deste blog? Pois ainda non o sei... seguramente o utilice como repositorio de recursos... Non quero tomar decisións precipitadas! Así que, seguindo esta liña, deixo aquí dous documentos que andiven lendo estes días. O primeiro deles é un libriño editado pola Xunta de Galicia sonbre o traballo por proxectos.


O segundo é un material do programa RECAPACITA da fundación MAPRE sobre a inclusión e a aprendizaxe cooperativa. 


QUE TEÑADES UN BO INICIO DE CURSO!
VÉMONOS NAS REDES!


5 comentarios:

  1. Mucha suerte ! Conociéndote seguro que cumples todos esos propósitos !.
    Nos vemos...
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Lucía! Muchas suerte para ti también!!! Claro que nos vemos, o qué te creías? jeje! Bicos!

    ResponderEliminar
  3. Que sorte teñen na Laracha!! Moitísima sorte, esas intencións serán realidades, seguro!! Biquiños!

    ResponderEliminar
  4. Alégrome moito de que esteas máis pretiño e estou segura de que vas cumplir todo o que te propoñas e facer coma sempre un magnífico traballo. ¡Unha aperta grande e felicitacións por esa titoría!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...