martes, 2 de abril de 2013

PROPOSTA INCLUSIVA PARA PERSOAS CON ASPERGER

Para comezar a traballar as necesidades educativas especiais das persoas con Asperger o PRIMEIRO que deberíamos facer é informarnos ben de como funciona a súa mente. Aquí deixo un libro moi sinxelo e clarificador dos seu puntos fortes e os seus puntos débiles.

Tamén deixo un vídeo para pensar que vin blog de ROCÍO MÉNDEZ PT.
                           
 O SEGUNDO será intervir coa clase onde está escolarizado este neno ou nena para sensibilizar aos compañeiros e conseguir deles a súa inestimable axuda partindo sempre da idea que a diversidade enriquece. Potenciaremos pois a acción titorial en colaboración co Departamento de Orientación, a educación en valores e a intelixencia emocional (empatía, resiliencia, asertividade, respeto...).
Aquí deixo o conto de "Luís o Maquinista" que fala sobre como ensinar a xogar a quen non sabe e que tamén vin no blog de Rocío. Para descargalo picade na imaxe.

O TERCEIRO sería a búsqueda de material para traballar habilidades sociais, tanto a nivel de individual como no grupo clase, cun programa específico e adecuado ás características do alumnado. As habilidades sociais tamén se poden traballar a partir de situacións da vida cotidiana ou con experiencias que pasan no colexio día a día, co que teñen maior representatividade e maior probabilidade de que se xeneralicen.
Aquí deixo unhas mostras de xogos do Proxecto Agrega: 






Débense facer tamén actividades sobre a Teoría da Mente que inclúen o poñerse no lugar dos demais e que podedes atopar no seguinte documento de WIKISABER.

Os cómics e as imaxes como recurso didáctico nestas historias sociais son fundamentais. Picade na imaxe para descargar estas tiras da asociación autismo de Burgos un pouco máis elaboradas..
Neste sentido, véxolles bastante utilidade ás aplicacións TIC para crear cómics como:

Destacar este termómetro das emocións que podedes descargar no blog de LA SONRISA DE ARTURO que se irá graduando con adxectivos que van dende estar "como tolo de contento" ata estar furioso. (Nós na clase fixemos un, outro día ensínovolo!)


E por ÚLTIMO, traballar e traballar ata que de resultado.

QUÉ VOS PARECE A IDEA?

Grazas a Mónica Vilameá polas súas ideas e experiencia! Aínda nos queda moito por aprender!



3 comentarios:

  1. Muy buena entrada Patricia, la comparto en nuestro blog!
    Pitufibesos, profe Gabby!

    ResponderEliminar
  2. Que entrada máis fenomenal, Patri! Encántame absolutamente todo. Moitísimas grazas por compartila. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas a vós polos comentarios! E se vos sirve de algo pois moito mellor! Saudiños!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...