lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

E como mañá é o Día do Libro, aquí deixo o que preparei para esta semana: un BRINCALETRAS sobre os personaxes dos libros, as súas historias, os seus autores... Esperamos pasar un rato divertido! Polo medio hai algunha difícil... porque... algo tamén teremos que aprender! ;) Déixovolo en galego e en castelán, picade nas imaxes para ir aos xogos.

GALEGO


CASTELÁN




HOXE VAI DE LETRAS: SOPAS DE LETRAS E BRINCALETRAS.

Facendo prácticas e traballando a ortografía natural co editor online de actividades LIM de ENGALEGO.

Picando na imaxe seguinte tamén poderedes ir a unha actividade para traballar a dicción e a ortografía do "R" ademais de coñecer novas palabras e vocabulario feita co editor de BRINCALETRAS, ou o que é o mesmo, un pasapalabra, de orixe galego e deseñado polo autor do EDILIM. Seguro que vos encanta! Eu xa son adicta!




lunes, 15 de abril de 2013

EU TABLET... TI TABLET?

Aí ando, pelexando... De momento so estou facendo prácticas de descargas de xogos pero para este tema de Coñecemento do Medio do Tiraboleiro 2 de Anaya, en lugar de adaptalo do libro para o meu neno con TXD, traballarei o vocabulario axudándome deste novo aparello.
Aquí vos deixo algunhas aplicacións interesantes e gratuitas para ANDROID do Google Play. Estes son xogos de memoria con froitas, con eles aprendemos vocabulario, interactuamos e facemos frases. Picade nas imaxes para ir a eles. Ao meu alumno encantáronlle!




No seguinte xogo hai que tocar a hortaliza que é igual ao modelo.


Tamén xogamos cunha aplicación que nos ensinaron o grupo de traballo do CEE Ntra. Sra. de Lourdes. 

No seu blog, ANDROIDES EN EL AULA, atoparedes un montón de aplicacións interesantes así como unha presentación sobre TABLET e NEAE que recomendo moito, moito! Picade AQUÍ para vela, e na imaxe para visitalos. Grazas por acollerme! ;)


Por último, tamén ando fedellando co PICTODROID (gracias a eles, claro!), véxolle moitas posibilidades para estimular a linguaxe ademais de como taboleiro de comunicación. E é galego!
Aquí deixo un vídeo do seu funcionamento. 


Máis adiante, cando teña un pouquiño máis de tempo, quero probar tamén co ARABOARD, que é un taboleiro similar a este ao que tamén se lle pode sacar moito partido.

Para rematar, seguimos a traballar con tarxetas de vocabulario que atopei en ARASSAC. Picade AQUÍ para descargar o bingo de froitas e AQUÍ para os exercicios de autodictado cos nomes de hortalizas. 

EU TABLET... TI TABLET?

AI! SE OS DÍAS TIVERAN 30 HORAS!


EMOCIONADA E AGRADECIDA

Hoxe que teño un ratiño, tiña pendente o agradecemento a varias persoas que me outorgaron premios:
Rocío Méndez Penela de ROCIO MENDEZ PT
Cristina de MATERIAL DE ISAAC
Profes de Infantil de INFANTIL CALVO SOTELO
Natalia Longo de ORIENTACIÓN CONDESA

Moitísimas grazas de verdade! Sinto non ter tempo para tervos contestado antes! 

Eu adícovolo a todos os que día a día visitades o meu blog porque que unhas duascentas persoas o miren cada vez que publico unha entrada fan que siga sentindo a mesma ilusión e as mesmas gañas de traballar que cando comecei, e fai tamén que me reafirme nas miñas conviccións (para ben e para mal).
Aquí seguirei dando guerra e intentando buscar solucións, a pesares das adversidades e dos atrancos que nos poñen (e nos poñemos) porque: vos e os meus alumnos e alumnas sodes a miña motivación.

SAÚDOS E GRAZAS DE NOVO!

martes, 2 de abril de 2013

PROPOSTA INCLUSIVA PARA PERSOAS CON ASPERGER

Para comezar a traballar as necesidades educativas especiais das persoas con Asperger o PRIMEIRO que deberíamos facer é informarnos ben de como funciona a súa mente. Aquí deixo un libro moi sinxelo e clarificador dos seu puntos fortes e os seus puntos débiles.

Tamén deixo un vídeo para pensar que vin blog de ROCÍO MÉNDEZ PT.
                           
 O SEGUNDO será intervir coa clase onde está escolarizado este neno ou nena para sensibilizar aos compañeiros e conseguir deles a súa inestimable axuda partindo sempre da idea que a diversidade enriquece. Potenciaremos pois a acción titorial en colaboración co Departamento de Orientación, a educación en valores e a intelixencia emocional (empatía, resiliencia, asertividade, respeto...).
Aquí deixo o conto de "Luís o Maquinista" que fala sobre como ensinar a xogar a quen non sabe e que tamén vin no blog de Rocío. Para descargalo picade na imaxe.

O TERCEIRO sería a búsqueda de material para traballar habilidades sociais, tanto a nivel de individual como no grupo clase, cun programa específico e adecuado ás características do alumnado. As habilidades sociais tamén se poden traballar a partir de situacións da vida cotidiana ou con experiencias que pasan no colexio día a día, co que teñen maior representatividade e maior probabilidade de que se xeneralicen.
Aquí deixo unhas mostras de xogos do Proxecto Agrega: 






Débense facer tamén actividades sobre a Teoría da Mente que inclúen o poñerse no lugar dos demais e que podedes atopar no seguinte documento de WIKISABER.

Os cómics e as imaxes como recurso didáctico nestas historias sociais son fundamentais. Picade na imaxe para descargar estas tiras da asociación autismo de Burgos un pouco máis elaboradas..
Neste sentido, véxolles bastante utilidade ás aplicacións TIC para crear cómics como:

Destacar este termómetro das emocións que podedes descargar no blog de LA SONRISA DE ARTURO que se irá graduando con adxectivos que van dende estar "como tolo de contento" ata estar furioso. (Nós na clase fixemos un, outro día ensínovolo!)


E por ÚLTIMO, traballar e traballar ata que de resultado.

QUÉ VOS PARECE A IDEA?

Grazas a Mónica Vilameá polas súas ideas e experiencia! Aínda nos queda moito por aprender!



lunes, 1 de abril de 2013

Y YO SIGO AQUÍ, EN MI NUBE AZUL...

Todos os días son os días da concienciación do autismo, todos os días son os días do respeto ás diferenzas e á diversidade.
AO FIN E AO CABO, RESÚLTAME TAN RARO TODO O "NORMAL"...




A miña pequena homenaxe ás persoas con autismo vai en forma de xeroglífico fácil...  En que ricóns do mundo e en que lugares emblemáticas estiveron estes nenos e nenas colgando globos azuis? Investigarémolo...






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...