Cos meus alumnos e alumnas de 4º, seguindo a programación do libro de Santillana de Lengua Castellana, estivemos redactando noticias. Primeiro, collemos o periódico e mirámoslle as partes e como se facía. Despois leémolas e pegámolas na libreta. Seguidamente suliñamos e copiamos as palabras con ortografía difícil. Ao final, puxémonos na pel dos periodistas e fixemos as nosas propias novas. Unha vez escritas gravámolas con Audacity. Aquí tedes o resultado!
Unha vez feitos os traballos autoavaliámonos a través dunha rúbrica. Teño que recoñecer que non sabía o que eran ata que fun a unha sesión dun curso ao CFR de Ferrol de Alberto G. do blog "La bitácora de la Lengua" e dinme conta que iso era o que faltaba na nosa clase: a avaliación!
Foi un pequeno experimento pero a partir de agora farei as rúbricas antes dos traballos para mostrarlles que é o que espero deles e como poden acadar un bo resultado. Se queredes saber máis sobre as rúbricas podedes picar AQUÍ e, se queredes ver as presentacións do curso sobre LECTURA E ESCRITURA CON TIC, podedes consultalas picando AQUÍ.
Consciente de que ainda teño que aprender moito neste tema... aquí deixo a nosa rúbrica feita en Google Drive. Á espera de que contesten todos e da estatística final, parece que o apartado de corrixir e fixarse na ortografía é o que menos puntuación ten. Eu non o dudaba, e espero que a partir de agoa, eles tampouco!

Moi significativa para os nenos a experiencia. Son uns xornalistas estupendos.
ResponderEliminar¡Moitas grazas por todos os recursos! Ten a seguridade que me servirán para traballar cos meus alumnos. Patricia, moitas grazas!
Un traballo fenomenal. Xa vexo que tes un xornalistas de primeira. SEguro que todo o que aprenderon non se lles olvidará. Unha aperta.
ResponderEliminarQuiero dedicarte un premio por tu estupendo blog
ResponderEliminarhttp://materialdeisaac.blogspot.com.es/2013/03/premio-liebster-award.html
Un abrazo