lunes, 14 de enero de 2013

EDUCAPLAY

Teño unha alumna que ten rotacismo e confunde cando debe colocar unha /r/ soa ou dúas na escrita. Xa está no terceiro ciclo así que estivemos traballando a seguinte sopa de letras.
A plataforma EDUCAPLAY é un portal de actividades educativas interactivas: sopas de letras, mapas, test, ditados, crucigramas..., entre outros. Previo rexistro,  pódense crear actividades de forma personalizada e incrustalas no blog. Aquí deixo unha mostra dunha sopa de letras que fixemos hoxe entre as dúas. Ocúrrenseme outras mil posibilidades para este tipo de actividades!

 

3 comentarios:

  1. Seguro que así aprende a distinguilas en menos de nada. Unha aperta e grazas polo recurso.

    ResponderEliminar
  2. ¡Un recurso fantástico Patri! Grazas por dalo a coñecer. ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
  3. Grazas a vos as dúas que sempre me escribides unhas palabras! Moitos bicos!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...