En fin, son membro do EDLG que é o encargado de realizar o Xornal escolar, e tamén fun a coordinadora do grupo de traballo: O Xornal Dixital: ferramentas web. Neste grupo aprendín a utilizar o Software Libre de enmaquetación SCRIBUS, recoméndovolo.
Se picades AQUÍ lévavos á páxina web do centro onde atoparedes o esperado Xornaliño. Algúns dos artigos son meus:
- O adicado ao rato Friedick e a facer rimas en galego no Día do Libro (teño que recoñecer que está "inspirado" nas actividades dos nenos e nenas do CRA de Bergondo, visitade os seus blogs é impresionante, orixinal e súper cretivo o traballo de Dolores... e de todas! ),
- O do Día da Muller Traballadora.
- O de "somos científicos", inspirado no traballo para o Xornal escolar que fixo meu sobriño para a aula de Monfero. Parabéns tamén á profe Camino pola súa labor e a súa paciencia e polo premio Cooperativismo no Ensino, un recoñecemento ao primeiro nivel do primeiro ciclo de Primaria pola súa colaboración coa fundación Vicente Ferrer. Podedes tamén vistar os seus blogs picando AQUÍ. Encántame igualmente o traballo que fan os maiores, visitade o seu blog MONFERO SOLIDARIO, atoparedes miles de actividades en prol da igualdade. Grazas aos nenos e nenas de EI e á súa profe Gloria polo seu regalazo! Que debuxos tan divertidos, un día que teña tempo ensínovolos!
- No índice do Xornal escribín un artigo sobre a conveniencia de falar galego: O GALEGO LÉVASE! O GALEGO LÉVATE! FALA GALEGO! Escoitade as recomendacións que o seguinte peixe vos vai facer de cara ao verán:
Agora ao final de curso un agradecemento e un bico grande tamén aos meus peques da Capela! Impresionanate o seu traballo e internacionalmente coñecido en prol da recuperación dos xogos populares. Visitádeos picando AQUÍ.
Bo verán a todos! Ata o curso que ven! Ou a ver onde acabo....
Patri, sempre é un placer pasar polo teu blogue, cheo de recursos e boas ideas. Tes razón, ás veces queremos abarcar tanto, que acabamos un pouco agobiad@s polo traballo. Pero como se fai con cariño e ilusión lévase moito mellor. Unha aperta XIGANTE, a repoñer forzas e vémonos o vindeiro curso. ¡¡Biquiños mil e bo verán!!
ResponderEliminarMadre mía, madre mía... So ver o que fixeches cos contos de cada escoliña do CRA xa me quero estresar!! Que traballazo Dolores, unha vez máis es a miña ídola! A verdade é que o cariño e a ilusión que non falten, tes toda a razón! Un bico! Vémonos o vindeiro curso! Bo verán par ti tamén!!
ResponderEliminarVesme con moi bos ollos, Patri! Unha aperta ben grande e graciñas polas túas palabras!!
EliminarMiña naiciña canto traballaches!!!! Non me extraña que non te quedara tempo para nada. Un traballo magnífico, Patricia. Agora toca descansar e disfrutar dunhas merecidísimas vacacións. Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas Ana!ti tamén mereces esas esperadas vacacións que es unha curranta! Bicos grandes!
ResponderEliminar