martes, 1 de noviembre de 2011

XOGOS FICHAS E MÁIS MATERIAIS PARA TRABALLAR VOCABULARIO RELACIONADO CO COLEXIO.

DEIXO AQUÍ UNHA RECOPILACIÓN DE MATERIAIS QUE ESTOU UTILIZANDO PARA TRABALLAR CUN NENO CON TEL O CAMPO SEMÁNTICO DA ESCOLA. MOITAS GRAZAS A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POR COMPARTIR!
EN BREVE SUBO FICHAS DE CREACIÓN PROPIA!
EN PRIMEIRO LUGAR ESTE SINXELO POWER POINT PARA ENSINAR OS SIGNOS E, MELLORAR A COMPRENSIÓN. AO FINAL PODEDES ATOPAR UN FICHA PARA REPASAR OS CONCEPTOS GRANDE E PEQUENO E OUTRA PARA CLASIFICAR POR CORES, GRAZAS A LAURA MARÍA PARDO LOURIDO QUE COLABORA COMIGO E ME MANDA OS SEUS MATERIAIS A PESARES DE QUE ESTE ANO NON TEMOS NIGÚN ALUMNO EN COMÚN. LAURA E LOGOPEDA COLEXIADA E TEN O SEU DESPACHO EN SADA. SAÚDOS LAURIÑA!
Material escolar (1)
View more presentations from patriciapenabarbeito


XOGO ON LINE DENTRO DE MI MUNDO EN PALABRAS  DO CENTRO VIRTUAL CERVANTES:

UN MATERIAL DE JUANA BAYO DO BLOG MAESTRA DE AL PARA TRABALLAR A LECTURA GLOBAL DE PALABRAS RELACIONADAS CO COLE. PARA VELO PICADE AQUÍ E VISITADE  O SEU BLOG QUE NON TEN DESPERDICIO!

JUGANDO CON PALABRAS DO GOBIERNO DE CANARIAS (PROYECTO AGREGA) TAMÉN TEN UN APARTADO PARA REPASAR. ESTÁ MOI BEN PORQUE FOMENTA A COMPRENSIÓN.

NO BLOG DE EDUCASTUR UN MONTÓN DE RECURSOS PARA DESCARGAR, MOI BO O TRABALLO DE MAITE DALMAU QUE INCLÚE PARA QUE SIRVE CADA COUSA. PARA DESCARGALO PICADE AQUÍ.

E USANDO O XENERADOR DE PUZZLES QUE DESCUBRÍN GRAZAS A DOLORES DE AULA VIRTUAL DE AUDICIÓN Y LENGUAJE AQUÍ DEIXO UNS PUZZLES FACILIÑOS. SE QUEREDES PROBAR PICADE AQUÍ.

preview9 pieceLápiz
preview4 pieceEstuche
preview6 pieceColegio

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...