A compañeira ANA do blog AULATIC-TERRA DE FERROL autorgábanos este premio aló polo mes do outubro.
1º Nomear á persoa que da o premio: ANA
2º Indicar o seu link: http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com
3º Engadir sete blogs amigos: Non vou engadir sete... vou engadir a 32 persoas que siguen o meu blog! Grazas de corazón a todos e todas!
4º E xa para rematar unha foto: A ver logo... das últimas que saquei, no parque en Cabárceno en Cantabria, nesta ponte de Todos os Santos. Non estou "juapisima" pero... a pasaisaxe é preciosa! jeje! E como este é un blog educativo dicir que de vez en cando no lago aparecía un hipopótamo... Moi recomendable para os nenos... o peor e tanto subir e baixar do coche!
OUTRO DOS PREMIOS DESCUBRIN QUE MO DIRAN HOXE AS COMPAÑEIRAS DO BLOG PROFES DE INFANTIL DO CARBALLIÑO! TONELADAS DE GRAZAS OUTRA VEZ! (MIL PARECIANME POUCAS... JEJE!)
Recibimos un novo premio. Para aceptalo hai que cumplir 3 condicións:
-Dicir quen nolo da.
-Dicir 7 cousas sobre nós.
-Nomear 15 blogs amigos.
Este premio mandao AS PROFES DE INFANTIL DO CEIP CALVO SOTELO
A segunda condición 7 cousiñas sobre min.
-Son logopeda e mestre de audición e linguaxe.
- Adoro a miña profesión, ademais dun traballo para min é un hobbie!.
- As TIC téñenme toliña.
- Intento que os nenos e nenas as usen.
-Gústame facer o meu propio material e adapatalo a cada neno e nena, ainda que sei facer poucas cousiñas, pero estou aprendendo!
- Creo na educación pública de calidade.
- Gustariame unha escola futura onde os nenos aprendan a pensar e a crear non a obedecer. Ir á escola non debería ser un castigo!
E para rematar nomeamos 15 blogs amigos: Como non sabería a quen escoller porque sigo cen blogs polo menos regálollo a todos os que visitades este todos os días e a todos os que non vos atrevedes a ter o voso propio para que vos animedes. Sempre hai algo que se pode compartir cos demais!
Saúdos!
Patri, é normal que pensemos en ti para os premios pois tés un blog fantástico e con moitos recursos para todos nós. Unha aperta.
ResponderEliminar