ESTAS SON ALGUNHAS DAS CANCIÓNS QUE UTILIZO NAS RUTINAS CON UNHA NENA DE EI CON NEAE. CON ELAS PRETENDO AUMENTAR A MOTIVACIÓN (ENCÁNTALLE A MÚSICA), PROPICIAR A REPETICIÓN MELÓDICA E SILÁBICA, QUE APRENDA A ANTICIPAR E A ASOCIAR CANCIÓNS E ACTIVIDADE E ESTIMULAR A COMUNICACIÓN EN XERAL.
ESTE É A PLANTILLA DO HORARIO INDIVIDUAL QUE CUBRIMOS CON PICTOS E FOTOS DAS ACTIVIDADES QUE VAI A DESENVOLVER AO LONGO DA MAÑÁ E AS PROFES QUE IMPARTEN ESTAS CLASES. AQUÍ DEIXO O EXEMPLO:
PARA POÑER O DÍA DA SEMANA ESTA É A CANCIÓN QUE UTILIZAMOS, É DA AULA ESPECÍFICA DO CEIP SAN MIGUEL. PARA VELA PICADE NA IMAXE.
PARA O TEMPO ATMOSFÉRICO, ESTES DÍAS QUE FAI SOL, POÑEMOS A DE SAL SOLITO QUE XA MENCIONEI NOUTRA ENTRADA.
PARA A HORA DO ALMORZO UTILIZAMOS OUTRO PANEL, A IDEA DÉUNOLA A SÚA LOGOPEDA LAURA MARÍA PARDO LOURIDO. GRAZAS LAURA!
VOU PROBAR CON ESTA CANCIÓN Á HORA DO ALMORZO, SON GRACIOSOS ESTES ALGOS!
PARA DESPEDIRNOS SEMPRE UTILIZAMOS A CANCIÓN DA PROFE MARÍA DE MÚSICA: "Adeus amigos, teño que partir, outro día veño por aquí". O OUTRO DÍA ATOPEI ESTA OUTRA QUE TAMÉN ESTÁ MOI CHULA E MARCHOSA DA AULA TEA DO CEIP LOS CÁRMENES, GRANADA.
PARA DESPEDIRNOS SEMPRE UTILIZAMOS A CANCIÓN DA PROFE MARÍA DE MÚSICA: "Adeus amigos, teño que partir, outro día veño por aquí". O OUTRO DÍA ATOPEI ESTA OUTRA QUE TAMÉN ESTÁ MOI CHULA E MARCHOSA DA AULA TEA DO CEIP LOS CÁRMENES, GRANADA.
SE SE VOS OCURREN OUTRAS IDEAS SOMOS TODO OÍDOS!!!
Gustáronme moito as cancións. A dos Algos éche moi divertida. Cando estaba de apoio en Infantil cantabamos outra dos días da semana. Non sei se te soará. Era algo así:
ResponderEliminar"Doña semana tiene siete hijitos
la mitad son blancos, la mitad negritos. Son:
lunes y martes, miércoles y jueves, viernes y sábado y domingo al fin
que nunca trabaja y es un bailarín"
Unha aperta ;)
Si! si que me soa.... pero non sei como era a música... busqueina no you tube pero non a atopo! Escollín esta por iso de estar feita con pictos. Moitras grazas pola suxerencia Ana, sempre é unha alegría ver os teus comentarios! Saudiños!
ResponderEliminar