viernes, 25 de marzo de 2011

MOTRICIDADE E GRAFÍA CON ANIMAIS.

ENCÁNTANME ESTE TIPO DE FICHAS PARA TRABALLAR A PSICOMOTRICIDADE E OS NENOS PÁSANO EN GRANDE. TRABÁLLASE ENTRE OUTRAS OCUSAS A CONCIENCIA FONOLÓXICA A PARTIR DAS RIMAS, PERO SOBRE TODO O GUSTO POLA LINGUAXE. NA MIÑA CASA DESPOIS DE XOGAR COA MIÑA SOBRIÑA MEU PAI INSTAUROU UNHA NOVA RIMA: DICE EL COCODRILO MARCELINO QUE LE DES UN BESO A TU PADRINO!
 ESTAS LÁMINAS PODÉDELAS ATOPAR NO BLOGUE EDUQUEMOS CON AMOR.
NA GALERIA PICASA DE ESTER OJEA HAI ESTAS E OUTRAS. SE QUEREDES VELAS PICADE NA IMAXE.



 PARA TRABALLAR O INICIO  DA GRAFOMOTRICIDADE UTILIZO ESTAS LÁMINAS, IMPRIMINAS EN COR E CUN ROTULADOR QUE SE PODE BORRAR FACEMOS LIÑAS ÁS ABELLAS, AOS ELEFANTES, AOS OURIZOS.... E IMITAMOS OS SEUS SONS OU CANTAMOS CANTIGAS RELACIONADAS CON ELES (A NENA QUE TEÑO CON DIFICULTADES DE COMUNICACIÓN RESPONDE MOI BEN AOS ESTÍMULOS MUSICAIS). PARA VER MÁIS PICADE NA  IMAXE. ESTÁN NO BLOGUE EDUCADORAS EDUQUEMOS CON AMOR.


POR ÚLTIMO UNHAS FICHAS DE ELABORACIÓN PROPIA BASEADAS NUNHA IDEA QUE VIN EN ORIENTACIÓN ANDÚJAR PARA TRABALLAR CON NENOS CON TXD. EU ADAPTEINAS ÁS ONOMATOPEAS, ASÍ AO MESMO TEMPO QUE TRABALLAMOS TRAZOS VERTICAIS, HORIZONTAIS E OBLICUOS IMOS REPETINDO O RUIDO QUE FAI O ANIMAL OU TARAREANDO UNHA CANTIGA PARA LOGRAR  A EMISIÓN DA FALA.


Fichas grafomotricidad


View more presentations from patriciapenabarbeito.

               
             ACABO DE VER NO BLOGUE DE ELENA E. MEDINA EN EL AULA DE APOYO UNHAS FICHAS QUE TAMÉN SIRVEN PARA O INICIO DA GRAFOMOTRICIDADE AINDA QUE NON SON CON ANIMAIS TEÑEN O MESMO OBXECTIVO. PARA VELAS PICADE NA IMAXE. GRAZAS POR COMPARTIR!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...