lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

Este ano no noso cole realizamos varias actividades para conmemorar o Día da Paz e non Violencia. Entre todos decidimos facer un tren no que cada vagón fose cargado de palabras positivas excepto o de 6º que iría cargado de palabras negativas e, polo tanto, descarrilaría. Ademais tamén decidimos que cada vagón fora adicado a un personaxe que loitara pola paz mundial.
Nos escollemos aos premios Nobel do ano pasado Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, xa que ademais o segundo é hindú e servianos para coñecer algo máis desa cultura que vai ser a protagonista do noso proxecto.

Para comezar decidimos elaborar un crebacabezas xigante usando caixas de folios e o póster que sacamos do blog ACTILUDIS.  Unha vez coloreado fixémolo por grupos de catro e colocámonos na entrada da nosa clase.


Como iso dos Premios Nobel non sabiamos moi ben o que eran tamén lemos un libro da biblio que nos veu de perlas para entendelo mellor. Titulase "Cuando sea mayor quiero ser Premio Nobel de la Paz", da autora e ilustradora Isabel Pin. Editorial Proteus.


Tamén lle escribimos frases de agradecemento a estes dous personaxes pola súa labor en lápices que nos mesmos decoramos. A profe quixo poñer lápices en lugar de palomas porque lle pareceu que reflexaban mellor a situación actual onde se fala tanto da "liberdade de expresión". Entre todos chegamos á conclusión de que a liberdade de expresión remata cando insultamos ao que temos diante. Todo o mundo pode opinar o que queira dentro do respeto polas persoas.


Aproveitando que tiñamos que traer periódicos para facer o vagón tamén fixemos un taboleiro de noticias positivas que, por certo, non foron nada fáciles de atopar!


E así de chulo quedou o noso vagón cargado de boas intencións.


Na presentación diante de todos repetimos a frase de Malala que deixo a continuación e coa que remato esta entrada: 

UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LÁPIZ 
PODEN CAMBIAR O MUNDO!
;)

3 comentarios:

  1. Hola: realizasteis unas actividades muy interesantes e instructivas. Me puedo imaginar que los alumnos disfrutaron mucho. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar
  2. Un precioso xeito de traballar este importante día, Patricia. Nós tamén traballamos os premios Nobel da Paz e fixemos a túa pombiña do ano pasado ji ji Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Uy! Case repetimos tamén este ano coa pombiña! ajaja!! Seguro que vos quedaron chulísimas! Grazas polos vosos comentarios chicas!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...