Este ano no noso cole realizamos varias actividades para conmemorar o Día da Paz e non Violencia. Entre todos decidimos facer un tren no que cada vagón fose cargado de palabras positivas excepto o de 6º que iría cargado de palabras negativas e, polo tanto, descarrilaría. Ademais tamén decidimos que cada vagón fora adicado a un personaxe que loitara pola paz mundial.
Nos escollemos aos premios Nobel do ano pasado Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, xa que ademais o segundo é hindú e servianos para coñecer algo máis desa cultura que vai ser a protagonista do noso proxecto.
Nos escollemos aos premios Nobel do ano pasado Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, xa que ademais o segundo é hindú e servianos para coñecer algo máis desa cultura que vai ser a protagonista do noso proxecto.
Para comezar decidimos elaborar un crebacabezas xigante usando caixas de folios e o póster que sacamos do blog ACTILUDIS. Unha vez coloreado fixémolo por grupos de catro e colocámonos na entrada da nosa clase.
Como iso dos Premios Nobel non sabiamos moi ben o que eran tamén lemos un libro da biblio que nos veu de perlas para entendelo mellor. Titulase "Cuando sea mayor quiero ser Premio Nobel de la Paz", da autora e ilustradora Isabel Pin. Editorial Proteus.
Tamén lle escribimos frases de agradecemento a estes dous personaxes pola súa labor en lápices que nos mesmos decoramos. A profe quixo poñer lápices en lugar de palomas porque lle pareceu que reflexaban mellor a situación actual onde se fala tanto da "liberdade de expresión". Entre todos chegamos á conclusión de que a liberdade de expresión remata cando insultamos ao que temos diante. Todo o mundo pode opinar o que queira dentro do respeto polas persoas.
Aproveitando que tiñamos que traer periódicos para facer o vagón tamén fixemos un taboleiro de noticias positivas que, por certo, non foron nada fáciles de atopar!
E así de chulo quedou o noso vagón cargado de boas intencións.
Na presentación diante de todos repetimos a frase de Malala que deixo a continuación e coa que remato esta entrada:
UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LÁPIZ
PODEN CAMBIAR O MUNDO!
;)
Hola: realizasteis unas actividades muy interesantes e instructivas. Me puedo imaginar que los alumnos disfrutaron mucho. Seguimos en contacto
ResponderEliminarUn precioso xeito de traballar este importante día, Patricia. Nós tamén traballamos os premios Nobel da Paz e fixemos a túa pombiña do ano pasado ji ji Unha aperta.
ResponderEliminarUy! Case repetimos tamén este ano coa pombiña! ajaja!! Seguro que vos quedaron chulísimas! Grazas polos vosos comentarios chicas!
ResponderEliminar