viernes, 9 de enero de 2015

TAREFAS INTEGRADAS COOPERATIVAS: TALLER DE BANDEIRAS.

Esta é unha actividade feita dende a Biblioteca escolar da que formo parte. Consistiu en que os nenos e nenas que quixeron anotarse participaron na elaboración de bandeiras para colocar como adorno na sala de consulta. Esta é unha tarefa máis dentro do proxecto multicultural do centro titulado SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES que contribúe a convertir a biblio non so en lugar de lectura se non tamén en centro de recursos e lugar de aprendizaxe.
Esta tarefa vai na liña temática que se propón para este ano dende a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia que ten por título Biblioteca Escolar Matemático…
O alumnado traballou en grupos cooperativos e heteroxéneos. Os máis pequenos tiveron a función de pintores, expertos en tesoiras e criptógrafos (tiñan que descifrar unha mensaxe escrita coa linguaxe marítima dos barcos que, “casualmente”, tamén son bandeiras). Os máis maiores convertíronse en investigadores, buscando en internet como eran as cores da bandeira do seu grupo, e deseñadores. Esta última tarefa era máis complicada pois tiñan que resolver unha ecuación matemática que mesturaba xeometría e fraccións. Dado un rectángulo de altura A, sendo A=10 cm, había que calcular a base de valor 3/2 de A. A cousa non acababa aquí pois dentro da propia bandeira as proporcións das franxas dependían do país que lle tocara. 
Aquí vos deixo as actividades que fixemos mesturando as diferentes competencias clave.

Taller de bandeiras from Patricia Pena Barbeito


Así de orgullosa luce Saisa coa súa biblio multicultural! 


3 comentarios:

  1. Hola. es una actividad muy interesante. Muy internacional e incluso global... os quedaron muy bien las banderas. Un gran trabajo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polos vosos comentarios! Saudiños!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...