martes, 13 de enero de 2015

TAREFAS INTEGRADAS: FACEMOS UN PLANETA DE PAPEL MACHÉ (E OUTRAS COUSAS DE NADAL)

Dende a biblioteca escolar propuxemos traballar o Nadal dende unha perspectiva multicultural así que cada clase investigou sobre a súa cultura e se existía nela unha festa parecida que coincidira co día máis curto e a noite máis longa do ano. Na próxima entrada ensínovolas!
Tamén nos tocou facer un planeta para representar o Sistema Solar entre todo o colexio e que a nosa mascota entendera ben que era iso do "SOLSTICIO DE INVERNO". O noso é Mercurio.
Na clase de segundo aproveitamos para traballar os textos instructivos escribindo os pasos necesarios para facer un planeta de papel maché e tamén fixemos tiras de 5 cm de periódico para elaboralo co que incluimos a competencia matemática. Este é un exemplo doutra tarefa integrada onde se traballan varias competencias clave. Fáltanos aínda pintalo pero máis ou menos vai quedando así.

 

Tamén relacionado co Sistema Solar realizamos o seguinte mural con todos os planetas e as súas órbitas. De cada un dos planetas vimos os seus vídeos e as súas características para poder pintalos e facelos o máis parecidos posibles. 




Outras tarefas que realizamos foi un calendario de adviento positivo e relacionado coa intelixencia emocional e a empatía. Todos os días íamos descubrindo unha tarxeta na que aparecían recomendacións diarias como dar as grazas polo menos dúas veces nese día, darlle unha aperta ao compañeiro da dereita, dicir algo positivo do compañeiro da esquerda...


Aprendimos a facer copos de neve con papiroflexia (moi relacionado tamén coa competencia matemática), aos rapaces e rapazas encantoulles! Encheron o colexio de "snowflakes"! :) Aquí téñolle  que dar as grazas a miña compi de 3º, Bea, que me ensinou a dobrar o papel. Ademais os seus alumnos explicáronnos como se facían redondos (estes como vedes son cadrados).  
Estas son agora as nosas fiestras!


Por último unha idea máis, a porta adórnamola con bonecos de neve feitos con círculos a partir da boca dun vaso e cos nosos nomes.


Así transcurriron os días previos ao Nadal na CLASE DOS LISTOS! :)




2 comentarios:

  1. Que boísimo traballo, Patri! Noraboa a eses nenos e nenas tan traballadoriños. Nós tamén temos as ventás cheas de copos de nieve je je Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Si!! jajaj! E que son tan vistosos e gústanlles tanto! Grazas Ana! Un saúdo!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...