jueves, 23 de octubre de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!

Con este título tan raro preténdese dende as bibliotecas escolares de Galicia unir este importante centro de recursos coas diferentes áreas. Se o ano pasado lle tocou á ciencia, este ano tócanlle ás matemáticas!

Imaxe de David Pintor

Teño que recoñecer que isto das mates non é o meu punto forte pero, dende que fun ao Congreso de AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática), o mes pasado, creo que vexo as cousas dende outra perspectiva...

Dende o equipo da biblio do centro ocurréusenos unir a biblio e a PAPIROFLEXIA. Así, aproveitando que temos unha exposición de libros de medo, que se achega o Samaín e que con estas tarefas se traballan aspectos matemáticos coma as simetrías, a lateralidade, a organización espacial... organizamos un pequeno taller sobre a elaboración de "tenebrosas" teas de araña.

O traballo que mostro non é meu, é da compañeira de AL do centro, que se ofreceu para facelo. Sinceramente, eu non me atrevín a probalo eu cos meus pequenos de 2º, pareceume difícil... pero todo se andará... ;)




A idea orixinal de como facer as teas está sacada do blog "UN RINCÓN CREATIVO"

E xa que estamos tan cerca do Samaín, convídovos a vistar o taboleiro de PINTEREST onde fun gardando un montón de ideas para cando me fai falta inspiración (que son moitas) e por se vós tamén a necesitades!. Hai debuxos para colorear, moitas manualidades, o Symbaloo con fichas e xogos, cubos de historias... 

3 comentarios:

  1. Que boa idea, Patri. Nós fixemos unha exposición de murais con slogans para a animación lectora tomando como base as matemáticas. Dareime unha voltiña polo teu Pinterest. Seguro que atopo unha morea de bos recursos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Si! Xa o vin! Moi chuloooo!! E queda apuntado para outra vez porque de verdade que o tema é difícil, e da para romper a cabeza! jeje! Saudiño!!

    ResponderEliminar
  3. Aunque me figuro que recibes muchos premios espero te haga tanta ilusión como a mi recibir el premio Excellence:
    http://escueladeblanca.blogspot.com.es/2014/11/nos-llegan-tres-premios-excellence.html
    Un besico

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...