viernes, 21 de marzo de 2014

9 e 10 MAIO. III XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DE BETANZOS

Por terceiro ano consecutivo aí andamos!
Podédesvos apuntar dende FPROFE, xa que están homologadas pola Consellería de Educación. Se non sodes docentes podedes inscribirvos na páxina da AMPA BRIGANTIUM
Este ano, igual cos anteriores, contamos con especialistas de renome como J.M. Valle López que abrirá as xornadas coa súa ponencia sobre competencias básicas ou Mar Romera, como peche.
Haberá, igual que o ano pasado, actividades artísticas e culturais. 
Por suposto, espectacular o broche final con María Fumaca: Cantar e Bailar para ser máis feliz!
E todo esto adornado con diferentes experiencias educativas relacionadas coa atención á diversidade e coas tres etapas (infantil, primaria e secundaria): proxectos, TICs, aprendizaxe cooperativa, interculturalidade, inclusión...
Para consultar o programa completo picade no cartel, que por certo, esá feito polo ilustrador brigantino Xosé Tomás.


Ahhh! Eu tamén teño o meu oco coa experiencia:  “Da aula de AL á aula de primaria: unha experiencia inclusiva a través das 
TIC”

Vémonos?

6 comentarios:

  1. Esta vez apunteime con tempo, así que a non ser que me chegue unha mensaxe de non seleccionada, verémonos por alí. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Que beeeen!! Pois por alí nos vemos e coñecémonos en persoa!! Que ilusión! Un bico!

    ResponderEliminar
  3. So falta que se anime Belén!! non si Ana?. Bicos Patri a toda a organizacion

    ResponderEliminar
  4. Anotada, a ver si hay suerte y me lo conceden
    . Un saludo .

    ResponderEliminar
  5. Agora que se anime Belén tamén, non si Ana?. Bicos Patri para toda a organizacion

    ResponderEliminar
  6. Os bicos será ndados Felo! Outro para ti tamén! Siii!! Que se anime Belén e así "desvirtualizámonos" todos! jajaja!! Susana ,eu creo que non vai a haber problema pola plaza! !

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...