martes, 11 de marzo de 2014

ORTOGRAFÍA

O meu cabalo de batalla! Madre mía que maneiras de escribir! 
Quería recomendarvos esta presentación de Ana Galindo do blog PALABRAS AZULES, encántame o blog e paréceme moi interesante este documento sobre a forma que temos de aprender a ortografía e as actividades que ela propón. 



Baseándome nestas grandes e útiles ideas elaborei algúns xogos para a aula como os seguintes.
Neste, por exemplo, debemos mirar as palabras durante uns segundos e recordar as cores. Así estamos utilizando a memoria visual tan importante neste tipo de aprendizaxes.


Fixemos, igual que o ano pasado, a nosa árbore ortográfica. Nesta  foto está en modo outono. A ver se, en breve,  a poñemos en modo primavera!



Tamén traballamos cos seguintes gifs animados que tiñan que observar e recordar con algunhas das palabras máis usadas e tamén coas faltas que atopei correxindo libretas e redaccións..
free gif maker



loogix.com

Por último as normas de ortografía pegámolas enriba do encerado. Eles escolleron quen querían que dixeran algunhas delas. Este foi o resultado!




Outra das actividades que estamos facendo é convertirnos en investigadores ortográficos. Armados de lupa buscamos fallos nas libretas dos compañeiros. Cada día tócalle a un neno ou nena e xuntos comentamos os erros. Aquí tedes un exemplo!


Ups! Atoparon bolígrafo con "v"!

E VOS? COMO FACEDES COA ORTOGRAFÍA?


1 comentario:

  1. ¡Qué boísima forma de traballala, Patri! Eu todavía estou coa lectoescritura, con algún non pasei nin das vogais :( Unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...