domingo, 27 de enero de 2013

PROPOSTA INCLUSIVA

Pois diso trata esta entrada. De "outras maneiras de facer logopedia". Levo dándolle moitas voltas ao tema. Como traballar a comunicación cun neno con TXD sen ser no contexto da aula de AL? Como pode un mestre de AL facer unha educación inclusiva cando realiza o seu traballo permanentemente na aula de apoio? Non sei vos, pero eu sempre teño que sacar aos rapaces da aula. Cunha dislalia, unha deglución atípica, unha disfemia... é máis normal, pero... cun neno con TXD? Se o seu punto débil é a relación e a comunicación non teño na aula ordinaria un lugar incrible para traballar a pragmática? Unha vez plantexadas estas dúbidas existenciais, atopei a solución! 
Aquí vos presento a adaptación ao Tiraboleiro 2 de Anaya, na área de Coñecemento do Medio, para traballar os obxectivos da aula de AL: aumentar o vocabulario, aumentar a lonxitude das frases e expresar sentimentos (entre outras). Con este tipo de material podemos ler como os demais e facer o que están facendo os outros aínda que nun nivel un pouco máis baixo, podemos participar e incluso temos voluntarios para axudarnos!
Teño dúas sesións, nunha saimos para practicar e na seguinte estamos dentro da aula co mesmo material para poñelo en práctica. Que vos parece a idea?



Grazas a Rocío de ROCIOMENDEZPT por ser fonte de inspiración cando traballamos xuntas e ao material de Amaya Padilla do blog GRACHICO EN CLAVE,  xa cerrado,  e que agora atoparedes en SAMOGA ESPECIAL. Atopeino buscando en ARASAAC, como non!

PD: Os mestres de AL podemos, debemos e facemos moitas máis cousas que soplar e mover a lingua.

9 comentarios:

  1. Teño un soño: que algún día, non son as AL-PT-Orienta... as encargadas de facer artesanías tan boas como esta, que algún día as editoriais xa asumen este esforzo para incluílo nos seus materiais de serie (iso si que sería inclusión dende o comezo) e que o resto do profesorado, tanto especialistas como titores, asumen a necesidade de que as súas ensinanzas inclúen estas adaptacións feitas por eles mesmos. Xa dixen que é un soño, e traballarei por elo. O que me ensombrece a vista é pensar canto tempo haberá que agardar para que o sono sexa realidade.

    ResponderEliminar
  2. Moi boa reflexión Juan! Canta razón tes. Eu tamén teño ese soño pero xa o dixo Martin Luther King: I have a dream, one day... E ahí está Obama! jeje! E vou máis aló, a min non me importa axudar no que sexa aos titores, eles teñen moitos nenos e nenas, so lles pido que me den a OPORTUNIDADE de axudar, e neste caso tiven sorte! Saudiños!

    ResponderEliminar
  3. Polo das editoriais sería estupendo!

    ResponderEliminar
  4. Paréceme fenomenal. Patricia. Eu tamén creo que na aula tamén se poden traballar moitas cousas coas profes de PT e AL. Fixeches unha gran adaptación. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  5. Hola Patricia

    Pásaté por mi blog "http://elrinconcitodeinfantil67.blogspot.com.es/" para recoger un regalito.

    Un beso

    ResponderEliminar
  6. Hola Patricia! Mención acompañada de un premio en mi blog.
    Saludos

    ResponderEliminar
  7. Paréceme unha proposta estupenda Patricia, é unha gran sorte contar con profesionais coma tí. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  8. Patricia como siempre un trabajo excelente. Pásate por mi blog, tienes una sorpresa.
    http://laclasedehablar.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...