Pois diso trata esta entrada. De "outras maneiras de facer logopedia". Levo dándolle moitas voltas ao tema. Como traballar a comunicación cun neno con TXD sen ser no contexto da aula de AL? Como pode un mestre de AL facer unha educación inclusiva cando realiza o seu traballo permanentemente na aula de apoio? Non sei vos, pero eu sempre teño que sacar aos rapaces da aula. Cunha dislalia, unha deglución atípica, unha disfemia... é máis normal, pero... cun neno con TXD? Se o seu punto débil é a relación e a comunicación non teño na aula ordinaria un lugar incrible para traballar a pragmática? Unha vez plantexadas estas dúbidas existenciais, atopei a solución!
Aquí vos presento a adaptación ao Tiraboleiro 2 de Anaya, na área de Coñecemento do Medio, para traballar os obxectivos da aula de AL: aumentar o vocabulario, aumentar a lonxitude das frases e expresar sentimentos (entre outras). Con este tipo de material podemos ler como os demais e facer o que están facendo os outros aínda que nun nivel un pouco máis baixo, podemos participar e incluso temos voluntarios para axudarnos!
Teño dúas sesións, nunha saimos para practicar e na seguinte estamos dentro da aula co mesmo material para poñelo en práctica. Que vos parece a idea?
Grazas a Rocío de ROCIOMENDEZPT por ser fonte de inspiración cando traballamos xuntas e ao material de Amaya Padilla do blog GRACHICO EN CLAVE, xa cerrado, e que agora atoparedes en SAMOGA ESPECIAL. Atopeino buscando en ARASAAC, como non!
PD: Os mestres de AL podemos, debemos e facemos moitas máis cousas que soplar e mover a lingua.
Teño un soño: que algún día, non son as AL-PT-Orienta... as encargadas de facer artesanías tan boas como esta, que algún día as editoriais xa asumen este esforzo para incluílo nos seus materiais de serie (iso si que sería inclusión dende o comezo) e que o resto do profesorado, tanto especialistas como titores, asumen a necesidade de que as súas ensinanzas inclúen estas adaptacións feitas por eles mesmos. Xa dixen que é un soño, e traballarei por elo. O que me ensombrece a vista é pensar canto tempo haberá que agardar para que o sono sexa realidade.
ResponderEliminarMoi boa reflexión Juan! Canta razón tes. Eu tamén teño ese soño pero xa o dixo Martin Luther King: I have a dream, one day... E ahí está Obama! jeje! E vou máis aló, a min non me importa axudar no que sexa aos titores, eles teñen moitos nenos e nenas, so lles pido que me den a OPORTUNIDADE de axudar, e neste caso tiven sorte! Saudiños!
ResponderEliminarPolo das editoriais sería estupendo!
ResponderEliminarParéceme fenomenal. Patricia. Eu tamén creo que na aula tamén se poden traballar moitas cousas coas profes de PT e AL. Fixeches unha gran adaptación. Un biquiño.
ResponderEliminarHola Patricia
ResponderEliminarPásaté por mi blog "http://elrinconcitodeinfantil67.blogspot.com.es/" para recoger un regalito.
Un beso
Hola Patricia! Mención acompañada de un premio en mi blog.
ResponderEliminarSaludos
Paréceme unha proposta estupenda Patricia, é unha gran sorte contar con profesionais coma tí. ¡¡Unha aperta!!
ResponderEliminarPatricia como siempre un trabajo excelente. Pásate por mi blog, tienes una sorpresa.
ResponderEliminarhttp://laclasedehablar.blogspot.com.es/
Esta genial!. Enhorabuena.
ResponderEliminarBicos