lunes, 30 de abril de 2012

PREMIO

Os rapaces e as profes do blog de aprender a aprender do Concello de Outes outorgáronme este premio. Moitísimas grazas de verdade! Ainda que esto dos premios dame un pouco de vergonza (non o vou a negar) eu compártoo con todos aqueles compañeiros do Proxecto de Blogs Amigos. Mil veces grazas por compartir! E mil veces grazas polo voso premio!


A frase que me define: "CREO NA UTOPÍA: CON ESFORZO, TRABALLO E DEDICACIÓN TODO É POSIBLE"

martes, 17 de abril de 2012

MINI PROXECTO BOMBEIROS

Estas son as fichas que elaborei para o segundo ciclo da Educación Primaria do que son coordinadora. Non sei se lle poden servir a alguén porque están moi centradas nos bombeiros de Betanzos que son os que imos ir a ver, algunha ficha igual vale. As imaxes están sacadas da web se hai algún problema retíranse, van ser utilizadas con fins educativos. Agradézovos aos compañeir@s blogueir@s os xogos ou outros materiais , ideas... que coñezades para complementar estas aprendizaxes. Grazas de antemán!

domingo, 15 de abril de 2012

VÍDEO DOS PROFES DO VALES

Algúns dos profes do Vales Villamarín de Betanzos doaron amablemente as súas imaxes para iniciar as I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade con este vídeo, que é un algo, ainda que é pouco, pero que comeza coa reflexión propia de que todos somos diferentes, bos para unhas cousas e malos para outras e isto é o que nos enriquece. GRAZAS A TODOS E TODAS! FORON DOUS DÍAS INOLVIDABLES!
Untitled from Patricia Pena on Vimeo.

miércoles, 11 de abril de 2012

MATERIAIS PARA A PRIMAVERA

Aquí deixo os materiais que elaborei con pictogramas de Arasaac  para traballar conceptos básicos, vocabulario, estructuración da linguaxe e as emocións con flores. As imaxes e algunhas das fichas están sacadas da rede, como sempre, estas actividades teñen fins unicamente educativos, se hai algún problema retíranse. Tamén deixo o enlace ao blog TICS CRA BERGONDO onde atoparedes moitos xogos para repasar (picade aquí para velo). Feliz inicio da 3º avaliación!

domingo, 8 de abril de 2012

I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE EN BETANZOS

ALÍ ESTAREMOS! (Entre bambalinas, inaugurando as xornadas, e como unha espectadora máis,  escoitando todo o que nos teñen que dicir...) Definitivamente este ano está a ser moi fructífero!


 Os días 13 e 14 de abril iniciaremos unha andadura que pretende resulte de interese tanto para os/as profesionais da educación, como para as familias, en xeral.
            Nesta xornada que abrangue tódolos tramos educativos, ademais da formación e as aplicacións prácticas, abordaranse aspectos tan importantes como a sensibilización na aceptación da diferenza non como un problema, senón como un valor e, en última instancia, un reto. Asemade, é un propósito fundamental desta XORNADA o inicio dun camiño de colaboración, de protocolización, e de asunción de dinámicas cooperativas entre os diferentes centros educativos: colaboración entre os centros que imparten Educación Infantil, Primaria e Secundaria, posto que as individualidades e necesidades específicas do alumnado han de ser atendidas en todos os tramos educativos.
            Para iso contaremos con profesionais de recoñecido prestixio dentro do campo da Atención á Diversidade

         PARA VER O PROGRAMA PINCHADE AQUÍ.
                   
Por tal motivo convidámolos/as a participar activamente desta acción formativa

COMO INSCRIBIRSE: 
  • DOCENTES DO ENSINO PUBLICO:   No   programa FPROFE,  na  web  da  Consellería de Educación (creo que xa non quedan prazas) www.edu.xunta.es/fprofe           
  
   Dirixido a:  Persoas interesadas, en xeral, e docentes, en particular
   Prazas limitadas: As solicitudes atenderanse por orden de inscrición
   Data límite inscrición:  11 de abril de 2012


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...