viernes, 23 de diciembre de 2011

OS MEUS NENOS DA CAPELA E MONFERO FELICÍTANVOS O NADAL!

 Algúns dos nenos e nenas que van á clase de AL do cole da Capela e de Monfero felicítanvos o Nadal! E eu tamén, claro! Con modelos tan bos e guapos é fácil que queden tan bonitas! Quixen facer unha árbore coas fotos... quedoume algo parecido... a intención e o que conta! Non? (Para ver as postais animadas picade nas imaxes)


                                                                            


      

   
                                                    

       



lunes, 19 de diciembre de 2011

LENDA DA ÁRBORE DE NADAL

Aínda que ao mellor xa chega un pouco tarde (non me iba internet) aquí tedes a miña adaptación á lenda da árbore de Nadal un pouco tuneada. Con este conto, as praxias das bolas de Nadal de Dolores (chilisisisimas!) e algúns dos xogos que compartistedes todos: sesións de estimulación da linguaxe oral listas! Grazas a todos! E Bo Nadal! Ahhhhh!! Ademais agora teño ADSL na casa... xa vos podo contestar aos comentarios! Moitas grazas de corazón por todo o que me poñedes!

lunes, 12 de diciembre de 2011

Fichas seseo e ceceo.

Aquí deixo as fichas para un dos meus alumnos parar que practique na casa. Entre os dous fixemos as frases e buscamos os debuxos que máis nos gustaron. A abella Zum e a Señora do Silencio guíannos para saber onde temos que poñer a lingua. Sorte!

domingo, 11 de diciembre de 2011

VIDEO POSTAL PERSONALIZADA PARA O NADAL

Unha idea divertida para felicitarlle o Nadal aos vosos nenos e nenas ou para que fagan as súas propias felicitacións e practiquen a lectoescritura. Eu xa fixen a miña, picade na imaxe para vela! Bo Nadal e bo humor!

jueves, 8 de diciembre de 2011

Materiais para traballar o soplo real.. e o soplo virtual!







Fai xa uns días unha das miñas compis deixoume estas simpáticas castañas para practicar o soplo, son moi faciliñas de facer e aos nenos e nenas encántanlles... corren pola mesa que se las pelan! Aquí deixo a plantilla para facelas e a foto de como quedan. Graciñas Lucía!!!! Unha boa idea para practicar no tempo de outono!









Eu andívenlle dando voltas.... como podo practicar o soplo utilizando as TIC? E ocorréuseme esta idea que xa nos serve para o Nadal,  imos soplar velas virtuais! É so un experimento pero paréceme que pode ter bastante utilidade. Está feita con PICASION, unha ferramenta on line que permite facer gifs animados. Collede moito aire e... a apagar as candeas!!!!! fffffffffff!!!! As imaxes están sacadas de Google Imaxes. Se alguén quere que as retire non ten máis que dicilo.



making a gif
Making a gif

Fichas de rayo McQueen

A UNO DE MIS NIÑOS LE ENCANTA RAYO MCQUEEN ASÍ QUE COMO ESTE AÑO SOY SU PT, HE ELABORADO UNA SERIE DE FICHAS PARA PRACTICAR CONCEPTOS BÁSICOS MATEMÁTICOS CON ESTE SIMPÁTICO PERSONAJE, COMO SON DIFERENTES OBJETOS DE RAYO TAMBIÉN SE PUEDE TRABAJAR UN POQUITO DE VOCABULARIO QUE LE VIENE MUY BIEN.
Actividades rayo
View more presentations from patriciapenabarbeito.

Ahora también lo hice con animación se puede descargar en power point y jugar en el ordenador o en la Pizarra Digital Interactiva.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...