lunes, 14 de mayo de 2018

TRABALLANDO OS TIPOS DE TEXTO DENDE UNHA PERSPECTIVA CONSTRUTIVISTA

Este ano non temos libros de texto, so de matemáticas, por iso comparto aquí o traballo realizado durante estes tres trimestres a partir das tipoloxías textuais por se alguén se anima a traballar as linguas doutra maneira e lle pode servir de inspiración.
Aproveito para comentarvos que teño nova conta educativa no Instagram e que por iso ultimamente publico pouco no blog, lévame menos tempo e é máis inmediato. Alí poderedes atopar moitas máis actividades e o traballo por recantos que seguimos a facer durante este curso. Se vos interesa seguídeme en @falando_entendese_a_xente.






jueves, 9 de noviembre de 2017

RECANTOS ESTRUTURADOS

Dende o ano pasado temos recantos rotatorios na aula, trátase de actividades que deseñamos as profes segundo os estándares de aprendizaxe elexidos para o primeiro trimestre. Tratamos de que sexan creativos, que permitan que eles se desenvolvan autonomamente e que sean manipulativos, escoitamos tamén as súas propostas e intereses e tratamos de deseñar actividades que os motiven e sexan xeneralizables a outros contextos. Aquí vos deixo unha mostra, están ordenados dos máis recentes aos máis antigos.

miércoles, 31 de mayo de 2017

O LIBRO DAS PLANTAS

Teño o pracer de presentarvos o noso novo libro da Editorial Pingüi. Nesta ocasión durante o último semestre do curso estivemos investigando sobre as plantas. Así, despois do que sabemos, que queremos saber, como nos organizamos, onde atopamos a infromación e cal vai ser o produto final decidimos facer unha nova entrega dun libro informativo cos resultados do proxecto.
Nesta ocasión trátase dun libro interactivo con Realidade Aumentada a partir da aplicación AURASMA. Tamén ten nubes de palabras realizadas coa aplicación Wordle e os resultados da investigación de Ciencia Cidadá a partires da aplicación Epicollet.
Moitas das preguntas que os nenos se plantexaban sobre, por exemplo,  se as plantas tiñan veas, como nacían as árbores ou por que eran verdes, foron explicadas a partires de experimentos científicos. Unha vez realizadas as hipóteses, observamos, analizamos os datos e chegamos a conclusións. Realizamos un total de cinco experimentos, un por grupo, e cada un deles explicou como se fixo. Os resultados, gravámolos en vídeo a través da aplicación TOUCHCAST co fondo verde ou CHROMA KEY. Invítovos a descubir o libro que está cheo de sorpresas e a visitar a nosa páxina web. Benvidos!


Ademais este libro vai ser impreso na plataforma Blurb, igual que o anterior e formará parte da biblioteca escolar.
Na metodoloxía destacar que o traballo foi feito en grupos cooperativos, que contou coa colaboración das familias e que houbo un longo proceso de búsqueda e clasificación da información. A biblioteca do centro serviunos e dotounos de recursos tanto para o análise das partes do libro como para buscar en diferentes fontes literarias.

Clasificamos, buscamos información e marcámola con pos it, analizamos se era ou non relevante, miramos en diferentes libros e vimos cal era a máis apropiada. Houbo un proceso de búsqueda, outro de categorización e selección e outro de creación propiamente dita.


Organizamos os pos it escribímolos, revisámolos e mandámolo todo á persoa encargada de Normalización Lingüística do concello para que estivera en galego normativo.


 Tamén realizamos varias saídas á contorna. Fomos ao mercado de verduras e hortalizas do pobo e a un viveiro cercano. Non podemos olvidar que o Concello nos acondicionou unha pequeniña parcela para plantar e temos cenorias, leitugas, millo e patacas ben lustrosos que plantamos coa axuda dos avós dos nenos e nenas da nosa clase. Esperamos que esta grata experiencia non acabe aquí!



Nos últimos apartados do libro hai unha parte especial, chámase PLANT- ARTE, aí recreamos obras de pintores e pintoras que tiñan como tema principal a natureza com Frida Kahlo, Vang Gogh ou Klimt, tamén lle fixemos un oco aos poemas de Verdedades de Yolanda Cataño e Xosé Tomás. 


Esta árbore, por exemplo, foi pintada a través do estudo das cores das fotografías que aparecían nos vídeos das Catro Estacións de Vivaldi.



miércoles, 10 de mayo de 2017

TRABALLO DE TEXTOS: O TEXTO PRESCRIPTIVO.

Déixovos aquí o meu humilde (e seguramente moi mellorable)  traballo final sobre os textos prescriptivos. Esta segunda e terceira avaliación dedicámos a analizar este tipo de textos, fixemos como sempre tanto a análise das súas propiedades como do sistema de escritura. Unha vez máis baseámonos na estrutura de planificación e as propostas de Myriam Nemirovsky.
Repítome en darlles as grazas mil veces ás compañeiras do grupo de traballo "Novas metodoloxías en educación" porque non deixo de aprender día a día coas súas reflexións e entusiasmo.

jueves, 4 de mayo de 2017

EXPERIMENTOS CON PLANTAS

Neste trimestre seguimos a realizar o noso libro sobre as plantas. Para contestar a moitas das preguntas sobre elas estivemos investigando e observando a partir de experimentos. Tamén estiven facendo un curso no CAFI sobre experiementos para Infantil e Primaria. Aprendín moitísimo e desfrutei como unha enana! Grazas a Patricia Barciela e Jose Viñas por transmitirnos ese gusto pola ciencia que eu persoalmente tiña durmido dende fai anos. Aquí deixo o meu traballo final, non son os experimentos que eles nos ensinaron pero eu fun adaptando a metodoloxía ao nosos intereses. Os outros xa volos irei ensinando pouquiño a pouco...

jueves, 30 de marzo de 2017

TEMOS TIPIS PARA LER!

Despois de reorganizar un pouco a aula  para que nos quedara espazo xa temos sitio para colocar os tipis de lectura. Cada día na "hora de ler" os dous encargados poden disfrutar de momentos relaxados de lectura. Encántalles! E nos encántanos que lles encante! ;)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...