miércoles, 31 de mayo de 2017

O LIBRO DAS PLANTAS

Teño o pracer de presentarvos o noso novo libro da Editorial Pingüi. Nesta ocasión durante o último semestre do curso estivemos investigando sobre as plantas. Así, despois do que sabemos, que queremos saber, como nos organizamos, onde atopamos a infromación e cal vai ser o produto final decidimos facer unha nova entrega dun libro informativo cos resultados do proxecto.
Nesta ocasión trátase dun libro interactivo con Realidade Aumentada a partir da aplicación AURASMA. Tamén ten nubes de palabras realizadas coa aplicación Wordle e os resultados da investigación de Ciencia Cidadá a partires da aplicación Epicollet.
Moitas das preguntas que os nenos se plantexaban sobre, por exemplo,  se as plantas tiñan veas, como nacían as árbores ou por que eran verdes, foron explicadas a partires de experimentos científicos. Unha vez realizadas as hipóteses, observamos, analizamos os datos e chegamos a conclusións. Realizamos un total de cinco experimentos, un por grupo, e cada un deles explicou como se fixo. Os resultados, gravámolos en vídeo a través da aplicación TOUCHCAST co fondo verde ou CHROMA KEY. Invítovos a descubir o libro que está cheo de sorpresas e a visitar a nosa páxina web. Benvidos!


Ademais este libro vai ser impreso na plataforma Blurb, igual que o anterior e formará parte da biblioteca escolar.
Na metodoloxía destacar que o traballo foi feito en grupos cooperativos, que contou coa colaboración das familias e que houbo un longo proceso de búsqueda e clasificación da información. A biblioteca do centro serviunos e dotounos de recursos tanto para o análise das partes do libro como para buscar en diferentes fontes literarias.

Clasificamos, buscamos información e marcámola con pos it, analizamos se era ou non relevante, miramos en diferentes libros e vimos cal era a máis apropiada. Houbo un proceso de búsqueda, outro de categorización e selección e outro de creación propiamente dita.


Organizamos os pos it escribímolos, revisámolos e mandámolo todo á persoa encargada de Normalización Lingüística do concello para que estivera en galego normativo.


 Tamén realizamos varias saídas á contorna. Fomos ao mercado de verduras e hortalizas do pobo e a un viveiro cercano. Non podemos olvidar que o Concello nos acondicionou unha pequeniña parcela para plantar e temos cenorias, leitugas, millo e patacas ben lustrosos que plantamos coa axuda dos avós dos nenos e nenas da nosa clase. Esperamos que esta grata experiencia non acabe aquí!



Nos últimos apartados do libro hai unha parte especial, chámase PLANT- ARTE, aí recreamos obras de pintores e pintoras que tiñan como tema principal a natureza com Frida Kahlo, Vang Gogh ou Klimt, tamén lle fixemos un oco aos poemas de Verdedades de Yolanda Cataño e Xosé Tomás. 


Esta árbore, por exemplo, foi pintada a través do estudo das cores das fotografías que aparecían nos vídeos das Catro Estacións de Vivaldi.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...